ROSALÍA LÓPEZ SÁNCHEZ

29
Set

ROSALÍA LÓPEZ SÁNCHEZ

Doutora en Xerontoloxía e diplomada en Fisioterapia pola Universidade de A Coruña. Especialista universitaria en Captación de Fondos para ONG pola UNED, tamén conta co título de Experta en Fisioterapia Neurolóxica e un máster oficial en Xerontoloxía Clínica pola Universidade de A Coruña.

 

Rosalía López foi coordinadora da Area de Rehabilitación Física do Complexo Xerontolóxico La Milagrosa entre 2001 e 2012 e membro do Grupo de Investigación en Xerontoloxía da Universidade de A Coruña de 2002 a 2017.

 

Forma parte desde 2014 da Xunta Directiva do Grupo de persoas con discapacidade de A Coruña (Grumico) e da Asociación de mulleres con discapacidade de Galicia (Acadar), así como da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) desde 2019.

 

Comparte: