PILAR ROJO

08
Set

PILAR ROJO

Nacida en 1960. Arquitecto superior, titulada pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.

Funcionaria do Corpo de Arquitectos da Facenda Pública, exerceu de arquitecta-xefa e inspectora-xefa da Área urbana do Catastro na Delegación Provincial de Economía e Facenda en Pontevedra entre os anos 1990 e 1996.

Entre 1996 e 2001 foi delegada provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia en Pontevedra. Desde 2003 ata 2005 foi conselleira de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

En 2001 foi elixida deputada autonómica pola provincia de Pontevedra, revalidando a súa acta de deputada nos comicios de 2005 e de 2009.

En 2009 foi nomeada presidenta do Parlamento de Galicia, cargo do que renunciou en 2016 para incorporarse ao Congreso tras as eleccións xerais de 2015. Nas eleccións de xuño de 2016 revalidou o seu escano.

Comparte: