Pregunta sobre o seguimento da Consellería do Mar en relación á actividade do marisqueo e medidas de flexibilidade na cuantificación das perdas

11
Set

Pregunta sobre o seguimento da Consellería do Mar en relación á actividade do marisqueo e medidas de flexibilidade na cuantificación das perdas

 

Pregunta sobre a actuación da Consellería do Mar en relación coa actividade do marisqueo e coa adopción de medidas de flexibilidade na cuantificación das perdas e de dotación de medios preventivos para o sector.

 

 

O sector do marisqueo conta en Galicia con arredor de 7.000 persoas, das cales 3.777 correspóndense  con permisos  de explotación  a pé, e 2.893 son permisos de explotación desde embarcación.

Con motivo do estado de Alarma, decretado o pasado 13 de marzo, produciuse un histórico parón económico do país, chegando incluso a “hibernar”, feito que sen embargo non afectou ao sector da alimentación, para garantir así o subministro a toda a poboación, especialmente cando a cidadanía se dispuxo a facer acopio de comestibles ante a situación de confinamento.

Neste caso, a actividade marisqueira de bivalvos e de recursos específicos podía continuar a súa actividade,  xa que non foi decretado o seu peche, mais as canles comerciais desta actividade víronse, a dicir do sector e constatados os datos, sometidos a un peche case total.

O certo é que cunha poboación  recluída  nas súas vivendas  e tendo  en conta  que a principal  compradora  desta  mercadoría  é a hostalería,  que ante esta situación tivo que pechar as súas portas e tardará tempo en recuperar,  a  situación  do  sector  veuse  comprometida  entre  a  falla  de demanda e as dificultades de desenvolver a súa tarefa.

Sabemos que desde a Consellería do Mar se estivo a facer seguimento permanente desta situación neste período, e que se someteu o mesmo a análise constante para propoñer e promover alternativas e solucións para esta actividade.

Por  todo  o  sinalado,  os  deputados  e  deputadas  asinantes  formulan  a seguinte pregunta:

Cal foi a actuación da Consellería do Mar en relación á actividade do marisqueo e da adopción de medidas de flexibilidade na cuantificación das perdas e da dotación de medios preventivos ao sector?

Enlace á pregunta: http://www.es.parlamentodegalicia.es/Rexistros/toh_DKC90ixqwdCkMyxKPqkiHklU1m53CDyjsni-miU=

 

Comparte: