Pregunta sobre medidas da Xunta de apoio ao sector do comercio e autónomos para axudar a superar a crise da pandemia

16
Set

Pregunta sobre medidas da Xunta de apoio ao sector do comercio e autónomos para axudar a superar a crise da pandemia

Pregunta sobre as medidas concretas que adoptou a Xunta de Galicia para axudar ao sector do comercio e aos autónomos a superar a crise derivada da penademia da covid-19

 

 

 

A pandemia da COVID-19 trouxo consigo unha recesión económica a nivel mundial. O prolongado confinamento durante a vixencia do Estado de Alarma tivo un impacto económico moi agudo especialmente para o sector do pequeno comercio e para os autónomos, que se viron obrigados a cesar moitas das súas actividades durante meses.

O Goberno galego xestionou cunha notable anticipación a situación de emerxencia sanitaria en diversos eidos, o que permitiu poder concentrar parte dos esforzos desde as fases máis agudas da pandemia na resposta económica que se daría nos meses seguintes desde os sectores máis afectados.

A administración autonómica leva meses traballando co principal obxectivo de garantir a saúde dos galegos e galegas, pero tamén no desenvolvento das medidas de apoio necesarias para que o tecido empresarial poida facer fronte o mellor posible á situación actual.

Deste xeito, puxéronse en marcha liñas de actuación en ámbitos diversos coma a transformación dixital e a liquidez das empresas, así coma a dotación de fondos para o financiamento para proxectos de investimento levados a cabo polas empresas galegas que permitan a fabricación de produtos relacionados coa pandemia.

Desde o Grupo Popular somos conscientes de que durante a última crise económica os autónomos foran un dos colectivos máis castigados e os esquecidos pola meirande parte das administracións. Malia isto, o emprendemento e a capacidade de esforzo da cidadanía galega foron elementos clave nos anos de recuperación e crecemento vividos durante o último lustro e de seguro que o volverán ser na saída da recesión que vivimos na actualidade.

Por todo isto, os deputados asinantes formulan a seguinte pregunta oral en Comisión

Que medidas concretas adoptou a Xunta de Galicia para axudar ao sector do comercio e aos autónomos a superar a crise derivada da pandemia da COVID-19?

 

Video Intervención: http://mediateca.parlamentodegalicia.es/library/items/comision-industria-energia-comercio-turismo-2020-09-17?part=e2934e6a-aaad-4bfc-bff9-d8ed925f7aa9&start=148

Rexistro Iniciativa: http://www.es.parlamentodegalicia.es/Expedientes/11/POC-000121

 

Comparte: