Pregunta sobre o balance dos investimentos e obras postas en marcha ou previstas nos portos galegos

25
Set

Pregunta sobre o balance dos investimentos e obras postas en marcha ou previstas nos portos galegos


Pregunta sobre o balance dos investimentos e obras postas en marcha ou previstas nos portos galegos de competencia autonómica nos últimos meses



Unha  parte  fundamental  da  actividade  económica  das  vilas  costeiras galegas depende dos seus portos e de accións vencelladas ao mar, tanto as relativas ás descargas e vendas de produtos do mar coma as relativas á actividade comercial marítima, transporte ou actividades e recepción de tránsitos náuticos.

O estado de Alarma, decretado o pasado 13 de marzo motivou un parón importante  no  país,  ante  o  que  a  Xunta  de  Galicia,  e  neste  caso  a, Consellería do Mar, non baixou a garda.
A xestión do ente público Portos de Galicia durante os últimos exercicios sufriu unha importante transformación buscando a compatibilidade  entre a necesaria sostibilidade económica do organismo e a atención de calidade ás  necesidades  do  sector  marítimo  portuario,  alén  de  asumir  a  difícil situación económica. E ante esa aposta a Consellería tiña programadas diferentes   obras   de   dragado   e   obras   de   mellora   nas   instalacións portuarias, que actualmente están en marcha.
Por  todo  o  sinalado  anteriormente,  os  deputados  asinantes  formulan  a seguinte pregunta:

Cal é o balance dos investimentos e obras en marcha ou en previsión nos portos galegos de competencia autonómica nos últimos meses?

Iniciativa Rexistro: http://www.es.parlamentodegalicia.es/Expedientes/11/POC-000071

 

Comparte: