Iniciativa para incluír ás máscaras e hidroxeles desinfectantes no tipo reducido do IVE do 10% ou o superreducido do 4%

02
Out

Iniciativa para incluír ás máscaras e hidroxeles desinfectantes no tipo reducido do IVE do 10% ou o superreducido do 4%

 

Iniciativa para incluír as máscaras e os hidroxeles desinfectantes na listaxe de bens aos que se lles aplica o tipo reduciro do IVE do 10% ou o superreducido do 4%

 


Desde que o pasado 14 de marzo se decretara o estado de alarma a consecuencia da pandemia de coronavirus, a vida de galegos e galegas ten cambiado radicalmente en todos os ámbitos: educativo, familiar, social, laboral e económico.

O confinamento nos nosos domicilios cambiou as nosas rutinas e os nosos hábitos; as saídas quedaron restrinxidas ao traballo (nos casos nos que non é posible o teletraballo), á xestión dos trámites máis urxentes e imprescindibles e ás compras de primeira necesidade. A fin do estado de alarma ten suavizado estas restricións pero a actividade que se mantén debe cumprir certos condicionamentos: a alta taxa de contaxio dos coronavirus converteu en imprescindibles algúns artigos básicos de protección como os hidroxeles para a desinfección ou as máscaras.

Aínda que o Goberno, a través do ‘Real Decreto-ley 7/2020, de 12 de marzo, por el que se adoptan medidas urgentes para responder al impacto económico del COVID-
19’, reservouse a posibilidade de regular o mecanismo de fixación dos prezos dos
medicamentos e produtos sanitarios non suxeitos a prescrición médica e así o fixo no mes de abril, o risco de fixar un prezo máximo incorrecto é a posible xeración novamente de escaseza duns artigos que, como temos sinalado, son imprescindibles para todas as persoas e seguirano a ser nun futuro próximo mentres teñan que ser utilizados pola cidadanía para evitar novos brotes da pandemia.

 

 


Desde o Partido Popular sempre sostivemos que unha medida eficaz e inmediata para abaratar estes artigos sería baixar o tipo del IVE que se lles aplica, desde o 21 % actual ata o tipo reducido do 10 % ou superreducido do 4 %, equiparándoo a outros produtos farmacéuticos que tamén son imprescindibles.

Esta proposta foi trasladada polo presidente Feijóo ao Goberno de España na
Conferencia de Presidentes celebrada o 19 de abril e reiterouno en sucesivas

convocatorias, a última delas na celebrada o pasado 31 de xullo en San Millán de la Cogolla (A Rioxa).


Do mesmo xeito, o noso Grupo no Congreso dos Deputados apoiou, a través do deputado galego Jaime de Olano, unha iniciativa nese sentido debatida na Comisión de Hacienda do Congreso e que contou co voto en contra do Grupo Socialista e do Grupo de Unidas Podemos; e presentou emendas nese sentido na tramitación como proxectos de Lei de diversos Decretos-Leis que se tramitaron como proxectos de Lei no noso Congreso.

Por todo o exposto, desde este Grupo Parlamentario, presentamos a seguinte proposición non de lei en Pleno:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que demande do Goberno de España a modificación de artigo 91 da Ley 37/1992, de 28 de decembro, do Imposto sobre o Valor Engadido, para incluír as máscaras, e hidroxeles desinfectantes no listado de bens aos que se lles aplica o tipo reducido do IVE do 10 % ou superreducido do 4 %”.

 

Rexistro Iniciativa: http://www.es.parlamentodegalicia.es/Expedientes/11/PNP-000194

 

 

 

Comparte: