Pregunta sobre as axudas do Plan específico de acción comunitaria destinado a diversas asociación e as súas melloras

02
Out

Pregunta sobre as axudas do Plan específico de acción comunitaria destinado a diversas asociación e as súas melloras

 

Pregunta sobre as axudas do Plan específico de acción comunitaria destinado a diversas asociacións e as súas melloras 

No período 2016 - 2019 a Vicepresidencia, Consellería de Presidencia, Administración públicas e Xustiza xestionou, a través da Dirección Xeral de Administración Local a liña de subvencións en concorrencia non competitiva, destinadas as asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia.

Este importante motor da participación veciñal merece un recoñecemento, as asociacións de veciños, asociacións de mulleres rurais e as comunidades de usuarios, son un baluarte da cultura democrática e participativa, representan uns dos máis importantes instrumentos de participación cos que conta a Administración Local, por estas razón o Goberno Galego colabora na dinamización e impulso do asociacionismo coma eixe fundamental do dereito de participación, recoñecido polo artigo 23 da Constitución, e como colaboradores necesarios da Administración Local no exercicio das súas competencias.
No DOG núm. 247, do 30 de decembro de 2019, publicouse a Orde do 17 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2020, en réxime de concorrencia competitiva, dentro do Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia. Nesta regulación obsérvanse cambios significativos e melloras en relación as bases que rexeron esta convocatoria nos anos anteriores.

Polo exposto, os deputados e deputadas asinantes formulan a seguinte pregunta oral en Comisión:

 Que balance fai a Xunta de Galicia sobre as axudas do Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia entre os anos 2016 e 2019?

 Que melloras se introduciron a través da nova formulación das ditas axudas en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2020?

Comparte: