Iniciativa sobre cambios na lexislación en materia de saúde pública para actuar ante a pandemia da covid-19

15
Out

Iniciativa sobre cambios na lexislación en materia de saúde pública para actuar ante a pandemia da covid-19

 

Iniciativa sobre cambios normativos necesarios na lexislación orgánica en materia de saúde pública para poder actuar ante a pandemia da covid-19 con plenas garantías e seguridade xurídica 

Desde a Declaración do Estado de Alarma no mes de marzo e das sucesivas prórrogas do mesmo incidimos na necesaria modificación da lei orgánica de medidas especias en materia de saúde pública.


É necesaria a modificación da lei orgánica 3/1986 de medidas especias en materia de saúde pública para poder combater a pandemia en condicións de seguridade xurídica. A lexislación debe recoller medidas suficientes para actuar que eviten ter que recorrer de novo ao estado de alarma. Debe recollerse a posibilidade de establecer medidas xerais como cordóns sanitarios, confinamentos da poboación ou limitacións ao dereito de reunión.


Como xa se pronunciaron nalgúns xulgados, cando estas medidas son xerais non deben estar suxeitas a ratificación xudicial. O listado de medidas, sen embargo, non debe ser pechado para permitir adaptarse sempre á situación.

 


Así mesmo, deben recollerse na lei as competencias estatais e autonómicas para a adopción das medidas. Á Administración do Estado debe corresponderlle a adopción das medidas que afecten ao territorio de máis dunha Comunidade Autónoma, como o control dos desprazamentos de poboación entre Comunidades Autónomas.


Por iso, desde este Grupo Parlamentario, presentamos a seguinte proposición non de lei en Pleno:


“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España que acometa, canto antes, os cambios normativos necesarios na lexislación orgánica en materia de saúde pública para poder actuar ante a pandemia da COVID-19 con plenas garantías e seguridade xurídica”.

 

Rexistro iniciativa: http://www.parlamentodegalicia.gal/Expedientes/11/PNP-000036

 

 

 

Comparte: