Iniciativa sobre incremento efectivos policiais e reforzo da seguridade cidadá en Galicia no Ano Xacobeo 2021

01
Dec

Iniciativa sobre incremento efectivos policiais e reforzo da seguridade cidadá en Galicia no Ano Xacobeo 2021

 

Iniciativa sobre as demandas ao Goberno central co fin de incrementar os efectivos policiais e reforzar a seguridade cidadán en Galicia durante o Ano Xacobeo 2021 

O Goberno do Estado ven de presentar o proxecto de orzamentos xerais do Estado para o 2021, onde non se prevé ningunha partida orzamentaria específica para dotar a Galicia dos reforzos de seguridade necesarios durante o ano santo 2021, tanto no que se refire ao incremento de efectivos policiais como de apoio e reforzo da seguridade nos camiños de Santiago, na Cidade e na súa Catedral.
No 2021 prevese en Galicia unha afluencia importante de visitantes, motivada principalmente polos peregrinos que realizan os distintos Camiños, así como a celebración do ano santo Xacobeo 2021 e outro tipo de eventos e espectáculos. Para iso, requírese un considerable esforzo de prevención e un reforzo nas actuacións dos diferentes corpos de seguridade, co fin de garantir a seguridade no Camiño e manter a gran relevancia da imaxe dos Camiños e de Santiago, incluída a súa Catedral.

No marco dos plans de seguridade nas variantes do Camiño e a súa vixilancia, incluída a protección contra o acoso sexual, é necesario dotarse de grupos específicos de seguridade, vinculados ao necesario incremento dos efectivos policiais tanto das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado como da Unidade Adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia.

Ademais, neste apartado resulta imprescindible o incremento na dotación de dispositivos de seguridade específicos nas comisarías e postos policiais, así como na Catedral de Santiago de Compostela, para o que se require dunha consignación específica nos Orzamentos Xerais do Estado.


Á vista do exposto, e co fin de que, nos Orzamentos Xerais do Estado se reflictan dotacións orzamentarias concretas nos aspectos de seguridade cidadá, que repercutan no conxunto dos galegos.

Polo exposto, O Grupo Parlamentario Popular de Galicia presentan a seguinte proposición non de lei en comisión:

“O Parlamento de Galicia Insta á Xunta de Galicia a solicitar do Goberno de España:

1.- A ampliación das dotacións nos Orzamentos Xerais do Estado para o 2021, no programa de Seguridade Cidadá, referido ao Ministerio do Interior, co fin de poder facer efectivo o incremento en Galicia dos efectivos policiais das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, así como da Unidade de Policía Adscrita, atendendo con iso o incremento nas demandas de seguridade requeridas en Galicia durante o ano Xacobeo 2021.

2.- A dotación no programa de seguridade cidadá dunha partida específica para apoiar e contribuir ao establecemento de dispositivos de seguridade específicos nas comisarías e postos policiais, así como na Catedral de Santiago de Compostela”.

 

Rexistro Iniciativa: http://www.es.parlamentodegalicia.es/Expedientes/11/PNC-000585

 

Comparte: