Iniciativa sobre permiso retribuído para as nais e pais cuxas nenas e nenos estean en corentena

02
Dec

Iniciativa sobre permiso retribuído para as nais e pais cuxas nenas e nenos estean en corentena

 

Iniciativa sobre permiso retribuído no ámbito estatal para as nais e pais dos menores que estean en corentena 


O pasado 22 de setembro de 2020, O Parlamento de Galicia, a través dunha emenda transaccionada polos grupos parlamentares nacionalista e popular acordaba, entre outras medidas, requerir ao goberno do Estado a aprobación dun permiso retribuído que permitise a conciliación necesaria para que pais e nais poidesen atender aos fillos durante o período de cuarentena que obrigatoriamente deben gardar de maneira preventiva no caso de contacto con algúnha persoa contaxiada por Covid-19.

 

Con este acordo, o Parlamento de Galicia pretendía dotar ao conxunto da sociedade dunha ferramenta fundamental que permita a conciliación efectiva entre a vida laboral e as novas necesidades familiares derivadas da pandemia de Covid-19, de tal maneira que o mantemento da corentena preventiva derivada de contactos con persoas contaxiadas, aínda sen a confirmacion mediante PCR ou test análogo, non redunde nunha ausencia inxustificada do posto de traballo da que se derivan medidas disciplinarias que comporten un risco de perda de emprego.

 

A través desta iniciativa, o Parlamento de Galicia conminaba ao Goberno de España a acurtar os prazos de implementación dunha medida que previamente fora anunciada e publicitada por distintos Ministros do Goberno do Presidente Sánchez.

 

 

Desafortunadamente, dende a aprobación do referido acordo, ningún avance se ten producido na súa materialización, namentras que tras un breve período de tregua, a pandemia de Covid-19 volta a extenderse polo conxunto do Estado, facendo perentoria a aprobación inmediata desta medida, imprescindible para abordar con garantías a segunda ola pandémica que estamos a padecer.

 


Por todo o anteriormente exposto, o Grupo Parlamentario Popular presenta a seguinte proposición non de lei en Comisión:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para instar á aprobación urxente dun permiso retribuído a nivel estatal para as nais e pais cuxas nenas e nenos estean en corentena”.

Rexistro iniciativa: http://www.es.parlamentodegalicia.es/Expedientes/11/PNC-000635

 

Comparte: