Iniciativa sobre a transferencia á Comunidade Autónoma de Galicia da xestión do ingreso mínimo vital

04
Dec

Iniciativa sobre a transferencia á Comunidade Autónoma de Galicia da xestión do ingreso mínimo vital

 

Iniciativa sobre a demanda por parte do goberno galego ao Goberno central da transferencia á Comunidade Autónoma de Galicia da xestión do ingreso mínimo vital creado a través do Real decreto-lei 20/2020 

O pasado 1 de xuño, o Boletín Oficial do Estado recollía a publicación do Real Decreto Ley 20/2020, de 29 de maio, polo que se establece o ingreso mínimo vital. Con esta publicación culminábase o proceso lexislativo de creación dunha renta mínima de carácter estatal, seguindo a senda aberta en Galicia fai xa mais de dúas décadas cando o Parlamento de Galicia aprobou a Lei 9/1991, do 2 de outubro, galega de medidas básicas para a inserción social, na cal se crearon a renda de integración social de Galicia (Risga) e as denominadas axudas de emerxencia social, posteriormente modificadas en distintas ocasións para adaptar estes instrumentos ás distintas necesidades de cada momento.

 

O obxeto deste Real Decreto Lei, tal e como se recolle no seu artigo primeiro, é “a creación e regulación do ingreso mínimo vital como prestación dirixida a previr o risco de pobreza e exclusión social das persoas que vivan soas ou integradas nunha unidade de convivencia, cando se atopan en unha situacion de vulnerabilidade por carecer de recursos suficientes para a cobertura das súas necesidades básicas.”

 

Nenbargantes, esta vocación de acadar a igualdade no ámbito persoal non se traduciu nun tratamento igualitario das administracións autonómicas do Estado. Tal é así, que a Disposición Adicional Quinta do texto legal aprobado establece a cesión ás Comunidades Autónomas de réximen Foral, e exclusivamente a estas, das funcións e servizos atribuídas á Seguridade Social no resto do territorio nacional.

 


Esta decisión de privilexiar ao País Vasco e Navarra, en detrimento de Galicia e das outras comunidades autónomas, supón unha nova aldraxe do Goberno de España, inasumible para unha Comunidade histórica como a nosa, e que ademais perxudica gravemente aos potenciais beneficiarios do ingreso mínimo vital, xa que se desbota a experiencia acumulada pola Goberno galego durante 30 anos de xestión da RISGA, que permitiría evitar o inxustificado retraso que están a sufrir as galegas e galegos que continúan agardando a que se resolvan as súas solicitudes.

 

 


Por todo isto, o Grupo Parlamentario Popular presenta a seguinte proposición non de lei en Pleno:

“O Parlamento de Galicia instá á Xunta de Galicia a que demande do Goberno de España a transferencia á Comunidade Autónoma de Galicia, a xestión do Ingreso Mínimo Vital creado a través do Real Decreto-lei 20/2020”.

 

Rexistro Iniciativa: https://www.parlamentodegalicia.es/Expedientes/11/PNP-000361

 

Comparte: