Petición de permiso ao Ministerio de Agricultura,Pesca e Alimentación  para a plantación de patacas nos concellos cun número insignificante de couza guatemalteca

18
Nov

Petición de permiso ao Ministerio de Agricultura,Pesca e Alimentación para a plantación de patacas nos concellos cun número insignificante de couza guatemalteca

 

 

Iniciativa sobre o traslado por parte da Xunta de Galicia ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación da petición de permiso para a plantación de patacas nos concellos cun número insignificante de couza guatemalteca

Galicia é unha das principais comunidades produtoras de pataca, incluso baixo unha certificación de calidade: o selo da Indicación Xeográfica Protexida “Pataca de Galicia”, que supera os 70 produtores, 10 almacenistas e case que 300 hectáreas de superficie cunha produción controlada de máis de 9.000 toneladas e case 6.000 toneladas de produción comercializada, cun valor económico estimado preto aos 6 millóns de euros.

 

Neste sentido, a coñecida coloquialmente como “couza guatemalteca”, nome científico Tecia solanivora, é un organismo nocivo de corentena cuxa afectación é exclusiva dos tubérculos da pataca, representando unha problemática para este tipo de producións.

 

Este organismo xorde arredor de 1970, como o seu propio nome indica, en Guatemala, sendo estendido a través de América Central ata América do Sur, de forma que se atopa presente en gran parte de América Latina.

 

A estes efectos, a contención e erradicación deste organismo vén regulada pola Directiva 2000/9 do Consello, establece as medidas de protección contra a introdución e propagación da Tecia solanivora ao longo do territorio europeo.
Regulamento adaptado á lexislación estatal a través do Real Decreto 58/2005 e posteriormente 197/2917, de 3 de marzo, polo que se establece o Programa nacional de control e erradicación deste organismo.

 

Este Programa foi calcado á realidade da nosa Comunidade coa finalidade de controlar á couza ata a súa completa erradicación. Neste sentido, coa evolución do organismo desde a súa aparición na provincia de A Coruña, fóronse redefinindo as zonas infestadas para adaptalas ao territorio, ampliándoas, se fose o caso, a todo o termo municipal.

 

Ao respecto, os datos do seguimento deste organismo amosan como a súa presenza foi reducida, rexistrándose un avance significativo na súa contención, previa á erradicación.

 

Neste sentido, o Grupo Parlamentario Popular, presenta a seguinte proposición non de lei en Comisión:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que traslade ao Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación a petición para que permita a plantación de patacas en aqueles concellos cun número insignificante de positivos e delimitar as zonas de prohibición á parroquia ou parroquias afectadas pola couza guatemalteca.”

Comparte: