O PPdeG salienta que Galicia leva anos aplicando un modelo que funciona, combinando crecemento económico e solidariedade social

14
Out

O PPdeG salienta que Galicia leva anos aplicando un modelo que funciona, combinando crecemento económico e solidariedade social

Santiago, 14 de outubro de 2020.-  O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos salientou hoxe que “Galicia leva anos aplicando un modelo que funciona en el que se combinan políticas de crecemento económico con políticas de solidariedade social”. “Gracias a esta acción política, Galicia é a comunidade autónoma que maior converxencia ten experimentado coa renda media estatal e a renda per cápita galega se ten duplicado no actual século “, asegurou.



Alberto Pazos asegurou que “a Xunta estivo ao lado dos galegos desde o primeiro momento nesta nova crise económica e social de orixe sanitaria que estamos a padecer”, a través de dous eixos fundamentais de traballo: a dinamización económica e a solidariedade social.

RECUPERACIÓN E DINAMIZACIÓN ECONÓMICA



En concreto, referiuse ao Plan de recuperación e dinamización económica aprobado pola Xunta no mes de xuño e dotado con máis de 3.000 millóns de euros. A través desta iniciativa, concedéronse créditos e microcréditos en condicións vantaxosas para os beneficiarios, aprazáronse amortizacións de créditos a través do Igape, se concederon vacacións fiscais de impostos autonómicos, se deron anticipos a traballadores afectados polos ERTE e axudas para completar os ERTE de menor contía.


Así mesmo, no ámbito social aprobouse un plan de continxencia, dotado con 8 millóns de euros, para axilizar a flexibilización da Risga, o servizo de axuda no fogar extraordinario, a axuda económica para os nenos que tiñan bolsa de comedor na escola infantil ou a ampliación do servizo de Xantar na Casa extraordinario; e, por outra, un plan de recuperación, con 64 millóns de euros para unha Tarxeta Básica que beneficiou a 30.000 familias sen ingresos fixos, o menú solidario, o incremento das axudas de inclusión social ou o bono coidado extraordinario para a infancia.


“Sairemos da anterior crise e tamén superaremos esta, pero será con medidas realistas e sostidas no tempo, non mediante estudos expres realizadosen prazos que impedirían calquera metodoloxía minimamente rigorosa”, manifestou Alberto Pazos.

Comparte: