O Parlamento galego demanda un procedemento integral para a mellora tecnolóxica dos equipos de diagnóstico e de cirurxía nos hospitais

19
Nov

O Parlamento galego demanda un procedemento integral para a mellora tecnolóxica dos equipos de diagnóstico e de cirurxía nos hospitais


Santiago, 18 de novembro de 2020.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a desenvolver un procedemento integral de mellora tecnolóxica dos equipos de diagnóstico e dos bloques cirúrxicos destinado á adquisición de tecnoloxía punteira de diagnóstico por imaxe e ecografía, así como á instalación de quirófanos intelixentes e robots cirúrxicos que faciliten a realización de técnicas cirúrxicas menos invasivas e de maior precisión.

A portavoz popular de Sanidade, Encarna Amigo, sinalou que “a dixitalización foi un dos piares fundamentais da mellora da asistencia sanitaria que ten experimentado Galicia nos últimos anos”.

 

“Na actual lexislatura, os centros hospitalarios precisan de novas melloras para incorporar a tecnoloxía máis punteira e, por ese motivo, o PPdeG incluíu no seu programa electoral para as últimas eleccións autonómicas a incorporación da cirurxía rebotizada e de melloras nas ferramentas de imaxe diagnóstica”, apuntou.

 

Por este motivo, e coa perspectiva das posibles candidaturas á obtención de fondos estatais e europeos para este fin, a deputada popular considerou “oportuno acadar un acordo parlamentario

 

Comparte: