O Grupo Popular demanda a dinamización e modernización das oficinas agrarias comarcais

19
Nov

O Grupo Popular demanda a dinamización e modernización das oficinas agrarias comarcais

Santiago, 18 de novembro de 2020.- O deputado do Grupo Popular José Antonio Armada demandou hoxe no Parlamento que a Xunta impulse o Plan de mellora da atención no rural mediante a dinamización e modernización das oficinas agrarias comarcais, garantindo que manteñan as súas funcións de dinamización e de asesoramento aos gandeiros e agricultores das zonas correspondentes dotándoas dos medios materiais e humanos necesarios para o desenvolvemento das súas funcións.

José Antonio Armada lembrou que o Consello da Xunta do pasado 13 de febreiro avaliou o Plan de Mellora da Atención no Rural mediante a dinamización e modernización das oficinas agrarias comarcais, co obxectivo de mellorar a atención aos agricultores e gandeiros cun plan de modernización e posta en valor da rede de oficinas agrarias comarcais. “Lamentablemente, esta iniciativa foise demorando como consecuencia da aparición da Covid-19, e neste momento estase retomando de cara ao próximo período”, sinalou.

 

ANÁLISE EN PROFUNDIDADE

 

“Para dar resposta á nova realidade do agro galego, a Consellería procurou un traballo de análise en profundidade, con fin de acometer un programa de mellora global da atención no rural que intenta establecer as características e distribución territorial das sedes actuais das oficinas agrarias, os seus puntos fortes e debilidades, e propor medidas correctoras das carencias”, apuntou o deputado popular.

 

Armada sinalou que “o binomio de especialización agraria e a dispersión xeográfica en determinadas zonas da xeografía galega propiciou a posta en marcha deste plan de modernización e mellora da rede de oficinas de atención ao medio rural, co que se pretende dar unha maior proximidade da Administración galega cos axentes implicados na produción agropecuaria e forestal”.

Comparte: