O PPdeG pide a comparecencia de Ábalos para que explique a non aplicación das baixadas das peaxes da AP-9

08
Xan

O PPdeG pide a comparecencia de Ábalos para que explique a non aplicación das baixadas das peaxes da AP-9

“O Goberno prefire cumprir con Audasa a facelo cos galegos”, apunta Celso Delgado

 

Os deputados galegos do Partido Popular no Congreso, rexistraron hoxe a solicitude de comparecencia de José Luis Ábalos,  ministro de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, para informar sobre as razóns polas que desde o primeiro día deste ano subiron as peaxes da autoestrada da Atlántico en lugar de aplicarse os descontos e as bonificacións previstas na Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2021.

 

Así mesmo, solicitaron polo mesmo motivo a comparecencia de Pedro Saura, Secretario de Estado de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana.

 

O deputado popular, Celso Delgado, afirmou que “lamentablemente confirmouse que a pesar dos anuncios e promesas feitas e de que xa está en vigor a lei de PXE para 2021, o Goberno español en lugar de cumprir  o comprometido, materializou unha nova suba de peaxes da AP-9 que aumenta aínda máis o agravio que vimos sufrindo os galegos en relación coa rede de estradas do Estado.”

 

Os deputados galegos lembran que neste ano nada tense producido en relación coa supresión de peaxes Morrazo e A Barcala, ni en relación coa bonificación de peaxes, ou coa gratuidade da peaxe Vigo-Redondela, nin para a supresión de subida anual acumulativa das peaxes.

 

“Resulta inadmisible que desde o MInisterio dígase agora que o decreto coas bonificacións e descontos aínda tardará como mínimo un semestre en ser aprobado”, engade.

 

O certo é que o Goberno, desde que redactou en setembro o proxecto de lei de  PGE para 2021, sabía que era imprescindible ir preparando os trámites administrativos necesarios para materializar os descontos a primeiros de 2021, e optou por non facelo.

 

Unha vez máis estamos a falar dunha desidia que confirma que o Goberno socialista elixe sempre cumprir con Audasa antes que cumprir cos galegos.

 

Os deputados do PPdeG farán un forte seguimento a este tema da autoestrada AP-9 e presentarán ademais outras iniciativas parlamentarias en forma de preguntas e proposicións non de lei ata que se cumpra co comprometido.

Comparte: