O PPdeG pide a Formoso que aproveite a súa viaxe a Estrasburgo para reunirse cos ecoloxistas radicais do PSOE en Europa e intentar que rectifiquen os seus erros

14
Set

O PPdeG pide a Formoso que aproveite a súa viaxe a Estrasburgo para reunirse cos ecoloxistas radicais do PSOE en Europa e intentar que rectifiquen os seus erros

Os populares alertan dun preocupante ascenso en Bruxelas das forzas políticas cunha visión ecoloxista extrema en detrimento dos intereses do noso sector pesqueiro, afeando as divisións no seo do Grupo Socialista e o silencio cómplice do BNG

A Comisión de Pesca do Partido Popular de Galicia, constituída o pasado 27 de xullo en Porto do Son, celebra que o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, estea esta semana en Estrasburgo para asistir á sesión plenaria do Parlamento Europeo.

 

“É unha boa nova que o secretario xeral dos socialistas galegos coincida cos eurodeputados do seu propio partido que en Estrasburgo e Bruxelas votan en contra dos intereses da pesca galega. Esperamos que aproveite a viaxe para reunirse con eles e intentar convencelos de que rectifiquen os seus erros”, sinalan os populares.

 

Segundo lembraron, a semana pasada os eurodeputados do PSOE votaron a favor da inclusión da quenlla ou tintorera no Anexo II de CITES: “Coma xa advertiu o PP de Galicia, esta decisión non se xustifica nin en razóns medioambientais nin socioeconómicas, e significaría un duro golpe á frota palangreira galega. Formoso debería abordar este e outros temas cos ecoloxistas radicais do seu partido”.

 

“Nótase en Bruxelas un preocupante ascenso das forzas políticas nas que prevalece unha visión ecoloxista extrema en detrimento dos intereses do noso sector pesqueiro”, advirten os populares galegos, que aseguran que o PPdeG sempre traballará coas forzas políticas que busquen atopar o equilibrio adecuado entre a sustentabilidade ambiental e as dimensións económicas, sociais e de emprego da pesca. “Por iso son tan frustrantes os continuos titubeos e divisións no seo do Grupo Socialista e o silencio cómplice do BNG, que se integra a nivel europeo no Grupo da Verdes/Alianza Libre Europea”, engaden.

 

Ademais, resaltan que os propios socialistas españois atópanse divididos na prohibición da pesca de arrastre de fondo, coma se comprobou na votación do Pleno da Eurocámara o pasado mes de maio. “Formoso faría ben en poñer orde no seu partido antes de pretender defender os intereses da pesca galega no exterior”, indican.

 

A Comisión de Pesca do PPdeG tamén instou ao secretario xeral dos socialistas galegos a reunirse coa socialista Clara Aguilera para convencer á eurodeputada de que a reforma do Regulamento europeo de Control da Pesca da que é relatora respecte as particularidades da pesca galega: “O máis razoable sería eximir do requisito de estar xeolocalizado ao sector da frota de menos de 12 metros de eslora que faene exclusivamente en augas interiores”.

Comparte: