O Grupo Popular salienta que Galicia é pioneira no impulso dun modelo de coidado aos maiores: máis eficiente, máis próximo e máis humano

24
Xan

O Grupo Popular salienta que Galicia é pioneira no impulso dun modelo de coidado aos maiores: máis eficiente, máis próximo e máis humano


24 de xaneiro de 2023. O viceportavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, salientou hoxe no Pleno do Parlamento galego que “Galicia está a ser pioneira no impulso dun modelo de coidado aos nosos maiores: máis eficiente, máis próximo e máis humano”. “A todos nos gustaría que os avances foran máis rápidos, pero non basta con desexalo senón que precisamos do esforzo e colaboración de todos para conseguilo”, apuntou.

Alberto Pazos concretou que os avances no novo modelo de residencias de maiores de Galicia desenvolvéronse sobre os catro piares básicos propostos polo Consello Asesor: humanización dos centros e formación continua; aproveitamento dos avances tecnolóxicos; coordinación sociosanitaria; e melloras estruturais.

 

“O proceso de implantación dun novo modelo de coidados debe ser necesariamente gradual e realista”, manifestou o viceportavoz popular, quen considerou “incoherente que BNG e PSdeG esixan á Xunta que pise o acelerador, ao mesmo tempo que se pisa o freo desde as administración que gobernan”. Así, cuestionou se “é razoable que a licenza para a reforma da residencia de maiores de Campolongo tarde dous anos, que se bloquee o proxecto de construción da nova residencia de Ourense ou do centro interxeracional en Vigo; ou que se solicite a reversión ao público das residencias da Xunta, mentres se privatiza máis que ninguén alá onde gobernan”.

 

IMPOSICIÓN DO GOBERNO CENTRAL ÁS COMUNIDADES

 

Ademais, Pazos lamentou que “se a colaboración de BNG e PSdeG no ámbito da administración local deixa moito que desexar, aínda resulta moito peor no que se refire ao Goberno de España e os seus socios”. “A aportación realizada polo Goberno de Pedro Sánchez ao novo modelo de coidados resúmese nunha frase: impoñer ás comunidades autónomas un modelo de residencias do século XXI, pero cun financiamento estatal do século XX”, explicou.

 

“Seguimos sen recibir o comprometido polo Goberno de Pedro Sánchez, co agravante de que agora prantexan un modelo de residencias non consensuado coas comunidades autónomas, aumentando o gasto de forma inasumible e sen ofrecer un financiamento adicional”, sinalou.

Comparte: