
Xuño 2022 (58)
O Grupo Popular demandará no Pleno celeridade para dar unha solución ao peche do viaduto do Castro na A-6
Santiago, 27 de xuño de 2022.- O Grupo Popular demandará ao Goberno central no Pleno desta semana “celeridade para dar solución ao grave problema para a comunicación de Galicia coa Meseta por estrada que supuxo o colapso e peche á circulación do viaduto do Castro, na Autovía do Noroeste”, sinalou o viceportavoz popular, Alberto Pazos. Neste sentido, subliñou que a Xunta “xa puxo a disposición do Goberno de Pedro Sánchez tres alternativas que permitirían o paso dos transportes especiais e evitar o paso polo núcleo de Pedrafita”.
A través dunha proposición no de lei, o Grupo Popular pide ao Goberno central que concrete as previsións sobre os traballos de reparación do viaduto afectado, así como das iniciativas dirixidas a revisar, inspeccionar e garantir a seguridade e funcionalidade de todos os viadutos da Autovía do Noroeste. Así mesmo, solicítase que ofreza información de xeito continuo e coa máxima transparencia para manter ao tanto das novidades aos cidadáns, aos concellos e á propia Xunta de Galicia, co obxectivo de evitar posibles especulacións e desconfianzas.
Javier Guerra esixe ao Goberno central que teña en conta a Stellantis e dote a Vigo do mesmo subministro eléctrico que teñen todas as cidades do seu tamaño
Defenderá este mércores na Cámara Alta unha moción para corrixir a exclusión da subestación de moi alta tensión da planificación de redes eléctricas do Estado
Eurodiputados del PP analizan, junto a expertos y entidades, la importancia cultural, social y económica de los Caminos de Santiago
En este especial Año Xacobeo, los populares han querido subrayar el papel histórico para Europa de los caminos de Santiago y abordar su evolución presente y futura.
O PPdeG pídelle ao Goberno de Sánchez que “cumpra a súa palabra” e os trens Avril cheguen a Galicia no mes de xullo
Paula Prado e Miguel Tellado realizan unha viaxe en tren desde Ourense a Santiago de Compostela acompañados por deputados autonómicos e representantes do PPdeG nas Cortes Xerais
O PPdeG pide ao “impasible” Goberno central que considere a Atención Primaria “unha prioridade” como xa o é para o Executivo galego
Os populares demandan cambiar o sistema de elección de prazas MIR e actualizar o de acreditación de prazas, así como a creación da especialidade de Urxencias
O PPdeG critica que as condicións establecidas polo Goberno central para o bono alugueiro de menores de 35 anos deixarán fora a beneficiarios que cumpran os requisitos
Santiago, 22 de xuño de 2022.- O portavoz de Xuventude do Grupo Popular, Adrián Pardo, criticou hoxe no Parlamento galego que as condicións establecidas polo Goberno central para acceder ao bono alugueiro para menores de 35 anos “impedirán acceder ao mesmo a persoas que cumpran os requisitos pero que estean compartindo vivenda con outras que non o fan, aínda que cada unha faga fronte ao pago da parte que lle corresponde do alugueiro”.
O Parlamento demanda promover a formación dos corpos e forzas de seguridade en materia de xogo
Santiago, 22 de xuño de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a promover, a través da Academia Galega de Seguridade, cursos ou xornadas en materia de inspección do xogo dirixidas ao persoal dos corpos e forzas de seguridade (Garda Civil, Policía Local, Policía Nacional e Unidade de Policía Adscrita) para facilitarlles as tarefas de inspección e control dos establecementos de xogo e das máquinas e aparellos de xogo aos efectos de comprobar o debido cumprimento da normativa existente.
O Parlamento pide ao Goberno central que renuncie ao bombeo de auga desde o río Verdugo para abastecer a Vigo e o sur de Pontevedra
Santiago, 22 de xuño de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se pide ao Goberno de España que renuncie ao bombeo de auga desde o río Verdugo ao río Oitavén, por estar acreditada como unha medida cun alto impacto e completamente ineficaz para garantir o abastecemento de auga a Vigo e ao sur da provincia de Pontevedra.
Pilar Rojo califica de “torpeza” la falta de previsión y diplomacia del Gobierno con el Magreb
Hoy, en una pregunta al ministro de Asuntos Exteriores, Unión Europea y Cooperación, José Manuel Albares
Barreiro denuncia que el Gobierno no se compromete con fechas para reparar el viaducto gallego de Castro en la A-6
Hoy, en una pregunta a la ministra de Transporte, Movilidad y Agenda Urbana
More...
O Grupo Popular demandará no Pleno ao Goberno central que amplíe o prazo para implantar a recollida de biorresiduos e acelere a solución ao colapso da Autovía do Noroeste
Santiago, 21 de xuño de 2022.- O Grupo Popular demandará ao Goberno central no Pleno da vindeira semana que rectifique o disposto na Lei de residuos estatal, ampliando ata decembro de 2023 o prazo que teñen os concellos de máis de 5.000 habitantes para implantar a recollida de biorresiduos; e que actúe con toda a celeridade posible para dar solución ao problema xerado tras o colapso do viaduto do Castro na Autovía do Noroeste.
O Parlamento demanda continuar mellorando a accesibilidade aos albergues dos camiños de Santiago
Santiago, 21 de xuño de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Socialista, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a continuar o traballo realizado para a mellora da accesibilidade da rede pública de albergues e, en liña co recollido no Plan Director do Camiño de Santiago 2022-2027, elaborar un Plan das necesidades de accesibilidade co tecido asociativo de persoas con discapacidade.
O Parlamento galego demanda a aprobación da relación de postos de traballo de Portos de Galicia
Santiago, 21 de xuño de 2022.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento de Galicia a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta a Xunta de Galicia a aprobar a relación de postos de traballo de Portos de Galicia, un documento que xa se vén debatendo e negociando cos representantes dos traballadores desde abril do pasado ano.
Rueda di que o PPdeG vai “gañar convencendo” para conseguir “maiorías sólidas e estables” nas eleccións municipais
O presidente sinala que só os populares garanten que o programa que presentan será o que se execute