Tellado valora a sensibilidade de Feijóo cara a Galicia ferida pola pandemia

31
Dec

Tellado valora a sensibilidade de Feijóo cara a Galicia ferida pola pandemia

O secretario xeral do PPdeG destaca a humanidade do presidente no seu discurso de Fin de Ano “nunha época que é máis necesaria que nunca”

Puy asegura, no balance do primeiro período de sesións da XI Lexislatura, que “a pandemia non é incompatible coa normalidade democrática”

28
Dec

Puy asegura, no balance do primeiro período de sesións da XI Lexislatura, que “a pandemia non é incompatible coa normalidade democrática”

Santiago, 28 de decembro de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que “a pandemia non é incompatible coa normalidade democrática”, como se demostrou en Galicia nos últimos meses coa celebración dunhas eleccións para a renovación do Parlamento galego e do propio Goberno galego. Respecto da actividade na Cámara galega, salientou que nos tres meses deste primeiro período de sesións da XI lexislatura “xa temos aprobado tres textos lexislativos e outros oito están en tramitación”, ao tempo que se concede á oposición un protagonismo no debate parlamentario, xa que formula máis do 86 por cento das iniciativas de control ou impulso ao Goberno galego nas sesións plenarias.

O PPdeG destaca o valente discurso do Rei pola súa sensibilidade cara a situación de España e a defensa da Constitución

25
Dec

O PPdeG destaca o valente discurso do Rei pola súa sensibilidade cara a situación de España e a defensa da Constitución

Cre que puido ser a mensaxe máis difícil na vida de Felipe VI no ano máis difícil da historia recente de España e opina que estivo á altura

O PPdeG demanda ao Goberno central un protocolo para a atención dos casos de Covid-19 entre a tripulación dos barcos que cheguen a Galicia

23
Dec

O PPdeG demanda ao Goberno central un protocolo para a atención dos casos de Covid-19 entre a tripulación dos barcos que cheguen a Galicia

Santiago, 23 de decembro de 2020.- O deputado do Grupo Popular José Manuel Balseiro demandou no Pleno do Parlamento galego que o Goberno central estableza un protocolo de actuación específico para os casos nos que se dean casos positivos de Covid-19 entre a tripulación dos barcos que cheguen aos peiraos galegos, definindo claramente as competencias e funcións de Sanidade Exterior e do Instituto Social da Mariña. “Se existiu unha administración ausente na atención e coidado dos homes e mulleres do mar durante a pandemia foi o Goberno central, unha situación que contrasta co feito pola Xunta, que sempre cumpriu e atendeu todos os casos que se presentaron”, salientou.

Teresa Egerique critica que “o maior exemplo de hipocrisía e engano político son as falsidades de BNG, PSdeG e En Marea-Podemos sobre o Hospital Público Álvaro Cunqueiro”

23
Dec

Teresa Egerique critica que “o maior exemplo de hipocrisía e engano político son as falsidades de BNG, PSdeG e En Marea-Podemos sobre o Hospital Público Álvaro Cunqueiro”

Santiago, 23 de decembro de 2020.- A deputada do Grupo Popular Teresa Egerique criticou hoxe que “o maior exemplo de hipocrisía e engano político descarado vivido en Galicia se escribe arredor do Hospital Público Álvaro Cunqueiro de Vigo coas falsidades do PSdeG, o BNG e As Mareas-Podemos”.

O Parlamento solicita ao Goberno central que aprobe o estatuto dos consumidores electrointensivos coas alegacións da Xunta e do sector

23
Dec

O Parlamento solicita ao Goberno central que aprobe o estatuto dos consumidores electrointensivos coas alegacións da Xunta e do sector

Santiago, 23 de decembro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España que aprobe o estatuto dos consumidores electrointensivos coas alegacións presentadas polo sector e pola Xunta, marcando así a folla de ruta para dispor a medio prazo de medidas similares ás que este tipo de industria goza en Alemaña ou Francia.