CV NÚÑEZ FEIJÓO, ALBERTO
NÚÑEZ FEIJÓO, ALBERTO
Deputado por Pontevedra
Datos Persoais
· Naceu o 10 de setembro do 1961 nos Peares (Lugo)
Datos Académicos e Profesionais
· Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Está en posesión do diploma de directivos da Xunta de Galicia
· En 1985 ingresou na Administración autonómica de Galicia, sendo membro do Corpo Superior da Administración xeral da Xunta
· En xullo do 1991 foi nomeado Secretario Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e accedeu tres meses máis tarde á Consellería de Sanidade e Servizos Sociais, para desempeñar ata 1996 o cargo de Secretario Xeral
· Desde 1992 a 1996 foi vicepresidente e secretario xeral do Servizo Galego de Saúde
· Ese ano foi nomeado Secretario Xeral de Asistencia Sanitaria no Ministerio de Sanidade e Consumo e Presidente do Insalud, cargos que ocupou ata o ano 2000
· Entre maio do 2000 e xuño do 2001 exerceu de conselleiro director xeral da entidade pública empresarial Correos e Telégrafos
· Desde xuño do 2001 ata xaneiro do 2003 foi presidente da Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos S.A.
· Nomeado Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda o 18 de xaneiro de 2003
· Vicepresidente Primeiro da Xunta de Galicia dende o 10 de setembro do 2004
· Foi membro do Instituto Galego de Oftalmoloxía; presidente do Patronato da Fundación Hospital Manacor; presidente do Patronato da Fundación Hospital Alcorcón; presidente do Consello Xeral do Insalud; conselleiro do Banco de Crédito Local; e conselleiro de Paradores de Turismo de España, entre outros
· Exerceu como vocal titular do Consello Asesor de Telecomunicacións, vocal do Consello de Administración da Fábrica nacional de Moneda e Timbre-Real Casa da Moneda, presidente da Sociedade Estatal Correos e Telégrafos e presidente do Consello de Administración de Chronoexprés S.A.
· Foi distinguido coa Gran Cruz de Isabel la Católica en outubro de 2003
Datos políticos
· No 2002 foi membro do Comité de Dirección e Provincial do PP de Ourense
· No 2004 membro do Comité de Dirección e Provincial do PP en Pontevedra
· Desde o ano 2005 forma parte do Comité Executivo Nacional do PP
· Deputado autonómico do PPdeG por Pontevedra desde agosto do 2005
· Elixido Presidente do PPdeG no XIII Congreso celebrado 15 de xaneiro do 2006
· Candidato á Presidencia da Xunta nas eleccións autonómicas do 1 de marzo do 2009, logrando a maioría absoluta con 38 deputados
· Elexido Presidente da Xunta de Galicia na VIII lexislatura
