O Grupo Popular avoga por intensificar os procesos de cribado e detección precoz do cancro

Santiago, 8 de abril de 2021.- A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, avogou hoxe no Parlamento galego por “intensificar os procesos de cribado e detección precoz do cancro, co obxectivo de reverter na medida do posible o problema de déficit de diagnósticos provocado pola pandemia sanitaria no 2020”. Así mesmo, demandou ao Goberno galego que avalíe a implementación de novos sistemas de cribado e detección precoz do cancro para casos e tipos que hoxe aínda non estean sendo incorporados aos procesos que leva a cabo o Sergas.

Continue reading

O Parlamento galego demanda ao Goberno central o mantemento das salas do 091 da Policía Nacional en Lugo e Ourense

Santiago, 31 de marzo de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co voto favorable dos deputados do PSdeG, a través da que se demanda ao Goberno de España que manteñan as salas do 091 da Policía Nacional nas Comisarías de Ourense e Lugo, así como aumentar os medios humanos e materiais cos que contan estas comisarías provinciais.

Continue reading

O Grupo Popular acorda con Investigal favorecer a participación das mulleres nos órganos de decisión das empresas e institucións

Santiago, 27 de marzo de 2021.- As deputadas do Grupo Popular Paula Prado e Sandra Vázquez reuníronse con representantes da Rede Galega pola Investigación (Investigal) e acordaron introducir na proposición de lei que favorece a carreira profesional das mulleres na ciencia, que se está a tramitar no Parlamento galego, mecanismos correctores no ámbito dos recursos humanos para favorecer a participación das mulleres nos órganos de decisión de empresas e institucións, así como para facilitar a contratación de mulleres e solventar as dificultades que supón suplir as baixas por maternidade.

Continue reading

O Grupo Popular afirma que a escola infantil de Verducido en Pontevedra seguirá funcionando o vindeiro curso con 11 alumnos

Santiago, 26 de marzo de 2021.- O portavoz de Educación do Grupo Popular, Ovidio Rodeiro, afirmou hoxe no Parlamento galego que a escola infantil de Verducido en Pontevedra “vai seguir funcionando o vindeiro curso 2021-2022 sen necesidade de habilitar ningunha unidade de educación primaria, circunstancia que xa foi posta en coñecemento da comunidade educativa”.

Continue reading

O Parlamento galego demanda á Xunta favorecer os investimentos das industrias lácteas en produtos de maior valor engadido

Santiago, 25 de marzo de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, sen o apoio de BNG e PSdeG, a través da que se insta á Xunta a que adopte as medidas que sexan oportunas para favorecer os investimentos de industrias lácteas en produtos de maior valor engadido. O deputado popular Daniel Vega sinalou que “o inxente esforzo de apoio ao sector lácteo galego debe traducirse nun impulso á transformación en Galicia de produtos que xeren riqueza na Comunidade autónoma”.

Continue reading

O Parlamento galego solicita a dinamización e modernización das oficinas agrarias comarcais

Santiago, 25 de marzo de 2021.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita á Xunta o impulso e desenvolvemento do Plan de mellora da atención no rural mediante a dinamización e modernización das oficinas agrarias comarcais, garantindo que manteñan as súas funcións de dinamización e de asesoramento aos gandeiros e agricultores dotándoas dos medios materiais e humanos necesarios para o seu desenvolvemento.

Continue reading