Pedro Puy sitúa a Galicia como “a mellor proba” de eficiencia ao facer compatible as rebaixas fiscais co mantemento dos servizos públicos

31 de outubro de 2022. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, situou hoxe a Galicia como “a mellor proba” de eficiencia cos recursos públicos, porque demostrou que “é compatible facer rebaixas fiscais selectivas apropiadas para unha situación concreta, neste caso que favorecen as rendas máis baixas, ao mesmo tempo que se mantén a calidade dos servizos públicos”.

Continue reading

O Parlamento pide ao Goberno central dotar ao rural galego dun servizo de telefonía fixa e internet de calidade

Santiago, 25 de outubro de 2022.-  O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei, que foi transaccionada entre o Grupo Popular e o BNG, a través da que se solicita ao Goberno de España, de conformidade cos obxectivos fixados pola Unión Europea, que dote ás vivendas do rural galego, en máis en concreto ás do Caurel, dun servizo de telefonía fixa e internet de calidade, ao tempo que se defenda un custo do servizo asumible para que as familias do rural se poidan beneficiar da conectividade en igualdade de condicións que as das zonas urbanas.

Continue reading