{"id":58004,"date":"2023-03-08T09:39:46","date_gmt":"2023-03-08T07:39:46","guid":{"rendered":"https:\/\/ppdegalicia.com\/declaracion-do-partido-popular-de-galicia-co-gallo-do-8-m-dia-internacional-da-muller\/"},"modified":"2023-03-08T09:39:46","modified_gmt":"2023-03-08T07:39:46","slug":"declaracion-do-partido-popular-de-galicia-co-gallo-do-8-m-dia-internacional-da-muller","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/ppdegalicia.com\/es\/declaracion-do-partido-popular-de-galicia-co-gallo-do-8-m-dia-internacional-da-muller\/","title":{"rendered":"Declaraci\u00f3n do Partido Popular de Galicia co gallo do 8-M, D\u00eda Internacional da Muller"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\" size-full wp-image-58003\" src=\"https:\/\/ppdegalicia.com\/wp-content\/uploads\/2023\/03\/69f8abbbe5955ea97c2cf682f9eedec1-scaled.jpg\" alt=\"\" width=\"2560\" height=\"1707\" srcset=\"https:\/\/ppdegalicia.com\/wp-content\/uploads\/2023\/03\/69f8abbbe5955ea97c2cf682f9eedec1-scaled.jpg 2560w, https:\/\/ppdegalicia.com\/wp-content\/uploads\/2023\/03\/69f8abbbe5955ea97c2cf682f9eedec1-300x200.jpg 300w, https:\/\/ppdegalicia.com\/wp-content\/uploads\/2023\/03\/69f8abbbe5955ea97c2cf682f9eedec1-1024x683.jpg 1024w, https:\/\/ppdegalicia.com\/wp-content\/uploads\/2023\/03\/69f8abbbe5955ea97c2cf682f9eedec1-768x512.jpg 768w, https:\/\/ppdegalicia.com\/wp-content\/uploads\/2023\/03\/69f8abbbe5955ea97c2cf682f9eedec1-1536x1024.jpg 1536w, https:\/\/ppdegalicia.com\/wp-content\/uploads\/2023\/03\/69f8abbbe5955ea97c2cf682f9eedec1-2048x1365.jpg 2048w\" sizes=\"(max-width: 2560px) 100vw, 2560px\" \/><\/p>\n<p>8 de marzo de 2023. Como cada 8 de marzo, o Partido Popular de Galicia s\u00famase \u00e1 celebraci\u00f3n do D\u00eda Internacional da Muller, unha xornada para reivindicar os logros en materia de igualdade en todas as esferas da sociedade.<\/p>\n<p><!--more--><\/p>\n<p>O 8 de marzo \u00e9 un d\u00eda para felicitarnos polos avances conseguidos e para agradecer os esforzos e sacrificios para logralos, pero tam\u00e9n para ser conscientes do cami\u00f1o a\u00ednda por percorrer en aras da igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres na nosa sociedade.<\/p>\n<p>Desde as m\u00e1is soadas manifestaci\u00f3ns \u2014como as de 1857 e 1908 para reclamar os dereitos laborais das mulleres\u2014 aos movementos sufraxistas para conseguir o voto \u2014que en Espa\u00f1a capitaneou Clara Campoamor para lograr o voto feminino en 1931 pese ao rexeitamento da esquerda de ent\u00f3n\u2014, os avances por lograr a igualdade de dereitos e de oportunidades das mulleres ofreceron \u00e9xitos notables, pero tam\u00e9n retrocesos alarmantes nestes m\u00e1is de cen anos.<\/p>\n<p>Sen d\u00fabida, a chegada da democracia a Espa\u00f1a trouxo o per\u00edodo de maiores avances en materia de igualdade da nosa historia, pero lamentablemente este \u00faltimo ano temos pouco que celebrar. Tras m\u00e1is de 40 anos de pasos adiante, a entrada en vigor da denominada Lei do s\u00f3 si \u00e9 si, impulsada e aprobada polo Goberno de PSOE e Podemos e apoiada polo BNG, supuxo o maior atraso nos dereitos e a protecci\u00f3n das mulleres en d\u00e9cadas.<\/p>\n<p>Para facer balance, hai que mirar m\u00e1is aos feitos que \u00e1s palabras; m\u00e1is \u00e1 realidade que \u00e1 propaganda. Por iso, o impacto desas pol\u00edticas debe avaliarse mediante indicadores obxectivos e medibles que permitan cuantificar as desigualdades e discriminaci\u00f3ns para erradicalas. E a realidade \u00e9 que m\u00e1is de 700 delincuentes sexuais \u2014m\u00e1is de medio cento en Galicia\u2014 viron rebaixadas as s\u00faas penas e m\u00e1is de 70 foron postos en liberdade.<\/p>\n<p>Debemos denunciar que, como consecuencia das decisi\u00f3ns tomadas por este Goberno, a igualdade entre mulleres e homes deu un enorme paso atr\u00e1s. Por iso, desde o Partido Popular de Galicia, este 8 de marzo queremos po\u00f1er de manifesto:<\/p>\n<ul>\n<li>Esiximos ao Goberno de Espa\u00f1a, e a Pedro S\u00e1nchez como m\u00e1ximo responsable, que pida perd\u00f3n \u00e1s mulleres e \u00e1 sociedade espa\u00f1ola polas consecuencias negativas da aprobaci\u00f3n da s\u00faa Lei do s\u00f3 si \u00e9 si; unha lesiva norma que supuxo o maior retroceso da democracia na protecci\u00f3n e seguridade das v\u00edtimas de agresi\u00f3ns sexuais, e que revitimizou \u00e1s mulleres \u00e1s que dic\u00eda querer defender. \u00c9 unha p\u00e9sima lei pola que ningu\u00e9n asumiu a\u00ednda responsabilidade algunha.<\/li>\n<\/ul>\n<p>\u00a0<\/p>\n<ul>\n<li>Esiximos ao Goberno de Espa\u00f1a e ao presidente Pedro S\u00e1nchez que explique \u00e1 sociedade espa\u00f1ola e galega como vai protexer a esas mulleres, nenas e nenos, que est\u00e1n en perigo porque os seus agresores viron reducida a s\u00faa condena ou foron excarcerados en aplicaci\u00f3n da s\u00faa mala lei, elaborada con tanta soberbia como impericia. Queremos saber que medidas van establecer para devolverlles, a elas e \u00e1 sociedade no seu conxunto, a confianza no sistema, hoxe irremediablemente danada.<\/li>\n<\/ul>\n<p>\u00a0<\/p>\n<ul>\n<li>Reclamamos ao Goberno de Espa\u00f1a e ao presidente Pedro S\u00e1nchez que explique \u00e1s mulleres, \u00e1s nenas e ao conxunto da sociedade espa\u00f1ola por que, tras o fracaso da s\u00faa Lei do s\u00f3 si \u00e9 si, non freou a a\u00ednda m\u00e1is lesiva Lei trans, elaborada tam\u00e9n desde a insolvencia intelectual e incompetencia xur\u00eddica dun ensoberbecido equipo do Ministerio de Igualdade, coa anuencia de todo o Consello de Ministros.<\/li>\n<\/ul>\n<p>\u00a0<\/p>\n<ul>\n<li>Manifestamos a nosa m\u00e1is profunda preocupaci\u00f3n polas consecuencias negativas que a Lei trans ter\u00e1 para as mulleres en todos os \u00e1mbitos da s\u00faa vida: invisibil\u00edzaas, pr\u00edvaas dos seus espazos de protecci\u00f3n, perverte a loita feminista e pon en perigo os logros obtidos en todos estes anos en materia de igualdade.<\/li>\n<\/ul>\n<p>\u00a0<\/p>\n<ul>\n<li>Do mesmo xeito que coa Lei do s\u00f3 si \u00e9 si, o Goberno e os seus socios aprobaron esta Lei trans sen a necesaria interlocuci\u00f3n cos profesionais e axentes expertos na materia, desprezando a experiencia doutros pa\u00edses da nosa contorna, sen di\u00e1logo nin procura de consenso cos grupos parlamentarios e dando as costas ao Movemento Feminista que denuncia as s\u00faas perigosas consecuencias, especialmente negativas e irreversibles na infancia e a adolescencia.<\/li>\n<\/ul>\n<p>\u00a0<\/p>\n<ul>\n<li>Pedimos tam\u00e9n ao Goberno de Espa\u00f1a e \u00e1 ministra de Igualdade que explique por que non se est\u00e1 cumprindo o financiamento recollido no Pacto de Estado destinada a reforzar os ministerios de Xustiza, Educaci\u00f3n, Sanidade e Interior en materia de violencia de x\u00e9nero. O Pacto de Estado \u00e9 unha ferramenta eficaz e consensuada para combater a violencia de x\u00e9nero, polo que debe ser cumprido na s\u00faa totalidade.<\/li>\n<\/ul>\n<p>\u00a0<\/p>\n<ul>\n<li>Esiximos ao Goberno de Espa\u00f1a e \u00e1 ministra de Emprego que explique por que a brecha laboral segue increment\u00e1ndose: a peche do ano 2022 a taxa de paro das mulleres en Espa\u00f1a \u00e9 3,3 puntos porcentuais superior \u00e1 dos homes.<\/li>\n<\/ul>\n<p>\u00a0<\/p>\n<ul>\n<li>E lembramos que corresponde aos poderes p\u00fablicos preservar, protexer e defender os dereitos conseguidos polas mulleres durante os \u00faltimos m\u00e1is de cen anos, que son logros da sociedade espa\u00f1ola no seu conxunto.<\/li>\n<\/ul>\n<p>Como fixemos sempre, no Partido Popular de Galicia traballamos pola igualdade real entre mulleres e homes. Queremos constru\u00edr e consolidar unha sociedade na que se produzan avances na conciliaci\u00f3n e a corresponsabilidade, que acurte a brecha social e salarial a\u00ednda existente, e que impulse de maneira eficaz o protagonismo imprescindible da muller en todas as esferas da vida na nosa sociedade.<\/p>\n<p>Conv\u00e9n non esquecer que a primeira presidenta do Congreso, a primeira presidenta do Senado e a primeira Defensora do Pobo foron mulleres do Partido Popular e hoxe no Parlamento de Galicia somos 21 deputadas \u2014o 50% do grupo parlamentario\u2014 e 5 conselleiras de 11 membros no Consello da Xunta. Non aceptaremos lecci\u00f3ns en materia de igualdade e de feminismo daqueles que impulsaron, aprobaron e defenderon unha lei que beneficiou a centos de delincuentes sexuais.<\/p>\n<p>Rexeitamos o sectarismo e os descualificativos de trazo groso a todos os que ousamos discrepar de decisi\u00f3ns pol\u00edticas que, en realidade e tal como mostran os datos, encam\u00ed\u00f1anse cara \u00e1 silenciosa eliminaci\u00f3n dos dereitos polos que as mulleres e toda a sociedade vi\u00f1eron loitando desde hai m\u00e1is dun s\u00e9culo.<\/p>\n<p>Desde o Partido Popular de Galicia defendemos continuar co di\u00e1logo e o acordo que tanto axudaron a avanzar na igualdade de dereitos e oportunidades da muller e que na nosa Comunidade quedou plasmada coa aprobaci\u00f3n por unanimidade de normas como a Lei 12\/2016 para a inclusi\u00f3n como forma de violencia a trata de mulleres e nenas con fins de explotaci\u00f3n sexual ou a Lei 15\/2021 que incorpora a violencia dixital. Defendemos a liberdade das mulleres para decidir a vida que queren vivir, sen que ningu\u00e9n se erixa nin no seu portavoz nin no seu int\u00e9rprete; e menos que ningu\u00e9n un Goberno de Espa\u00f1a que as utiliza ignorando as s\u00faas advertencias.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>8 de marzo de 2023. Como cada 8 de marzo, o Partido Popular de Galicia s\u00famase \u00e1 celebraci\u00f3n do D\u00eda Internacional da Muller, unha xornada para reivindicar os logros en materia de igualdade en todas as esferas da sociedade.<\/p>\n","protected":false},"author":38,"featured_media":58003,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-58004","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-pp-de-galicia"],"acf":[],"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v27.3 - https:\/\/yoast.com\/product\/yoast-seo-wordpress\/ -->\n<title>Declaraci\u00f3n do Partido Popular de Galicia co gallo do 8-M, D\u00eda Internacional da Muller - PP de Galicia<\/title>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/ppdegalicia.com\/es\/declaracion-do-partido-popular-de-galicia-co-gallo-do-8-m-dia-internacional-da-muller\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"es_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"Declaraci\u00f3n do Partido Popular de Galicia co gallo do 8-M, D\u00eda Internacional da Muller - PP de Galicia\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"8 de marzo de 2023. Como cada 8 de marzo, o Partido Popular de Galicia s\u00famase \u00e1 celebraci\u00f3n do D\u00eda Internacional da Muller, unha xornada para reivindicar os logros en materia de igualdade en todas as esferas da sociedade.\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/ppdegalicia.com\/es\/declaracion-do-partido-popular-de-galicia-co-gallo-do-8-m-dia-internacional-da-muller\/\" \/>\n<meta property=\"og:site_name\" content=\"PP de Galicia\" \/>\n<meta property=\"article:publisher\" content=\"https:\/\/www.instagram.com\/ppdegalicia\/\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2023-03-08T07:39:46+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/ppdegalicia.com\/wp-content\/uploads\/2023\/03\/69f8abbbe5955ea97c2cf682f9eedec1-scaled.jpg\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"2560\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"1707\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/jpeg\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"ppdegaliciaredes\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:creator\" content=\"@ppdegalicia\" \/>\n<meta name=\"twitter:site\" content=\"@ppdegalicia\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"ppdegaliciaredes\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tiempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"6 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\\\/\\\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"Article\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/ppdegalicia.com\\\/es\\\/declaracion-do-partido-popular-de-galicia-co-gallo-do-8-m-dia-internacional-da-muller\\\/#article\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/ppdegalicia.com\\\/es\\\/declaracion-do-partido-popular-de-galicia-co-gallo-do-8-m-dia-internacional-da-muller\\\/\"},\"author\":{\"name\":\"ppdegaliciaredes\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/ppdegalicia.com\\\/es\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/5b822c6f59e872ebdd1142f307dbcb59\"},\"headline\":\"Declaraci\u00f3n do Partido Popular de Galicia co gallo do 8-M, D\u00eda Internacional da Muller\",\"datePublished\":\"2023-03-08T07:39:46+00:00\",\"mainEntityOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/ppdegalicia.com\\\/es\\\/declaracion-do-partido-popular-de-galicia-co-gallo-do-8-m-dia-internacional-da-muller\\\/\"},\"wordCount\":1190,\"commentCount\":0,\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/ppdegalicia.com\\\/es\\\/#organization\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/ppdegalicia.com\\\/es\\\/declaracion-do-partido-popular-de-galicia-co-gallo-do-8-m-dia-internacional-da-muller\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/ppdegalicia.com\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2023\\\/03\\\/69f8abbbe5955ea97c2cf682f9eedec1-scaled.jpg\",\"articleSection\":[\"PP de Galicia\"],\"inLanguage\":\"es\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"CommentAction\",\"name\":\"Comment\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/ppdegalicia.com\\\/es\\\/declaracion-do-partido-popular-de-galicia-co-gallo-do-8-m-dia-internacional-da-muller\\\/#respond\"]}]},{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/ppdegalicia.com\\\/es\\\/declaracion-do-partido-popular-de-galicia-co-gallo-do-8-m-dia-internacional-da-muller\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/ppdegalicia.com\\\/es\\\/declaracion-do-partido-popular-de-galicia-co-gallo-do-8-m-dia-internacional-da-muller\\\/\",\"name\":\"Declaraci\u00f3n do Partido Popular de Galicia co gallo do 8-M, D\u00eda Internacional da Muller - PP de Galicia\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/ppdegalicia.com\\\/es\\\/#website\"},\"primaryImageOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/ppdegalicia.com\\\/es\\\/declaracion-do-partido-popular-de-galicia-co-gallo-do-8-m-dia-internacional-da-muller\\\/#primaryimage\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/ppdegalicia.com\\\/es\\\/declaracion-do-partido-popular-de-galicia-co-gallo-do-8-m-dia-internacional-da-muller\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/ppdegalicia.com\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2023\\\/03\\\/69f8abbbe5955ea97c2cf682f9eedec1-scaled.jpg\",\"datePublished\":\"2023-03-08T07:39:46+00:00\",\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/ppdegalicia.com\\\/es\\\/declaracion-do-partido-popular-de-galicia-co-gallo-do-8-m-dia-internacional-da-muller\\\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"es\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/ppdegalicia.com\\\/es\\\/declaracion-do-partido-popular-de-galicia-co-gallo-do-8-m-dia-internacional-da-muller\\\/\"]}]},{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"es\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/ppdegalicia.com\\\/es\\\/declaracion-do-partido-popular-de-galicia-co-gallo-do-8-m-dia-internacional-da-muller\\\/#primaryimage\",\"url\":\"https:\\\/\\\/ppdegalicia.com\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2023\\\/03\\\/69f8abbbe5955ea97c2cf682f9eedec1-scaled.jpg\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/ppdegalicia.com\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2023\\\/03\\\/69f8abbbe5955ea97c2cf682f9eedec1-scaled.jpg\",\"width\":2560,\"height\":1707},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/ppdegalicia.com\\\/es\\\/declaracion-do-partido-popular-de-galicia-co-gallo-do-8-m-dia-internacional-da-muller\\\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\\\/\\\/ppdegalicia.com\\\/es\\\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"Declaraci\u00f3n do Partido Popular de Galicia co gallo do 8-M, D\u00eda Internacional da Muller\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/ppdegalicia.com\\\/es\\\/#website\",\"url\":\"https:\\\/\\\/ppdegalicia.com\\\/es\\\/\",\"name\":\"Partido Popular de Galicia\",\"description\":\"Partido Popular de Galicia\",\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/ppdegalicia.com\\\/es\\\/#organization\"},\"alternateName\":\"PP de Galicia\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\\\/\\\/ppdegalicia.com\\\/es\\\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":{\"@type\":\"PropertyValueSpecification\",\"valueRequired\":true,\"valueName\":\"search_term_string\"}}],\"inLanguage\":\"es\"},{\"@type\":\"Organization\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/ppdegalicia.com\\\/es\\\/#organization\",\"name\":\"Partido Popular de Galicia\",\"alternateName\":\"PP de Galicia\",\"url\":\"https:\\\/\\\/ppdegalicia.com\\\/es\\\/\",\"logo\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"es\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/ppdegalicia.com\\\/es\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/ppdegalicia.com\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2023\\\/04\\\/logoPP512.png\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/ppdegalicia.com\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2023\\\/04\\\/logoPP512.png\",\"width\":512,\"height\":512,\"caption\":\"Partido Popular de Galicia\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/ppdegalicia.com\\\/es\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\"},\"sameAs\":[\"https:\\\/\\\/www.instagram.com\\\/ppdegalicia\\\/\",\"https:\\\/\\\/x.com\\\/ppdegalicia\",\"https:\\\/\\\/www.tiktok.com\\\/@ppdegalicia\",\"https:\\\/\\\/www.youtube.com\\\/user\\\/ppdegalicia\"]},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/ppdegalicia.com\\\/es\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/5b822c6f59e872ebdd1142f307dbcb59\",\"name\":\"ppdegaliciaredes\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"es\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/3c9179cf0256d00c72a48d1f25783c58b6842cd56e85ef3a572881c8e28ccd59?s=96&d=mm&r=g\",\"url\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/3c9179cf0256d00c72a48d1f25783c58b6842cd56e85ef3a572881c8e28ccd59?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/3c9179cf0256d00c72a48d1f25783c58b6842cd56e85ef3a572881c8e28ccd59?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"ppdegaliciaredes\"},\"url\":\"https:\\\/\\\/ppdegalicia.com\\\/es\\\/author\\\/ppdegaliciaredes\\\/\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"Declaraci\u00f3n do Partido Popular de Galicia co gallo do 8-M, D\u00eda Internacional da Muller - PP de Galicia","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/ppdegalicia.com\/es\/declaracion-do-partido-popular-de-galicia-co-gallo-do-8-m-dia-internacional-da-muller\/","og_locale":"es_ES","og_type":"article","og_title":"Declaraci\u00f3n do Partido Popular de Galicia co gallo do 8-M, D\u00eda Internacional da Muller - PP de Galicia","og_description":"8 de marzo de 2023. Como cada 8 de marzo, o Partido Popular de Galicia s\u00famase \u00e1 celebraci\u00f3n do D\u00eda Internacional da Muller, unha xornada para reivindicar os logros en materia de igualdade en todas as esferas da sociedade.","og_url":"https:\/\/ppdegalicia.com\/es\/declaracion-do-partido-popular-de-galicia-co-gallo-do-8-m-dia-internacional-da-muller\/","og_site_name":"PP de Galicia","article_publisher":"https:\/\/www.instagram.com\/ppdegalicia\/","article_published_time":"2023-03-08T07:39:46+00:00","og_image":[{"width":2560,"height":1707,"url":"https:\/\/ppdegalicia.com\/wp-content\/uploads\/2023\/03\/69f8abbbe5955ea97c2cf682f9eedec1-scaled.jpg","type":"image\/jpeg"}],"author":"ppdegaliciaredes","twitter_card":"summary_large_image","twitter_creator":"@ppdegalicia","twitter_site":"@ppdegalicia","twitter_misc":{"Escrito por":"ppdegaliciaredes","Tiempo de lectura":"6 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"Article","@id":"https:\/\/ppdegalicia.com\/es\/declaracion-do-partido-popular-de-galicia-co-gallo-do-8-m-dia-internacional-da-muller\/#article","isPartOf":{"@id":"https:\/\/ppdegalicia.com\/es\/declaracion-do-partido-popular-de-galicia-co-gallo-do-8-m-dia-internacional-da-muller\/"},"author":{"name":"ppdegaliciaredes","@id":"https:\/\/ppdegalicia.com\/es\/#\/schema\/person\/5b822c6f59e872ebdd1142f307dbcb59"},"headline":"Declaraci\u00f3n do Partido Popular de Galicia co gallo do 8-M, D\u00eda Internacional da Muller","datePublished":"2023-03-08T07:39:46+00:00","mainEntityOfPage":{"@id":"https:\/\/ppdegalicia.com\/es\/declaracion-do-partido-popular-de-galicia-co-gallo-do-8-m-dia-internacional-da-muller\/"},"wordCount":1190,"commentCount":0,"publisher":{"@id":"https:\/\/ppdegalicia.com\/es\/#organization"},"image":{"@id":"https:\/\/ppdegalicia.com\/es\/declaracion-do-partido-popular-de-galicia-co-gallo-do-8-m-dia-internacional-da-muller\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/ppdegalicia.com\/wp-content\/uploads\/2023\/03\/69f8abbbe5955ea97c2cf682f9eedec1-scaled.jpg","articleSection":["PP de Galicia"],"inLanguage":"es","potentialAction":[{"@type":"CommentAction","name":"Comment","target":["https:\/\/ppdegalicia.com\/es\/declaracion-do-partido-popular-de-galicia-co-gallo-do-8-m-dia-internacional-da-muller\/#respond"]}]},{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/ppdegalicia.com\/es\/declaracion-do-partido-popular-de-galicia-co-gallo-do-8-m-dia-internacional-da-muller\/","url":"https:\/\/ppdegalicia.com\/es\/declaracion-do-partido-popular-de-galicia-co-gallo-do-8-m-dia-internacional-da-muller\/","name":"Declaraci\u00f3n do Partido Popular de Galicia co gallo do 8-M, D\u00eda Internacional da Muller - PP de Galicia","isPartOf":{"@id":"https:\/\/ppdegalicia.com\/es\/#website"},"primaryImageOfPage":{"@id":"https:\/\/ppdegalicia.com\/es\/declaracion-do-partido-popular-de-galicia-co-gallo-do-8-m-dia-internacional-da-muller\/#primaryimage"},"image":{"@id":"https:\/\/ppdegalicia.com\/es\/declaracion-do-partido-popular-de-galicia-co-gallo-do-8-m-dia-internacional-da-muller\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/ppdegalicia.com\/wp-content\/uploads\/2023\/03\/69f8abbbe5955ea97c2cf682f9eedec1-scaled.jpg","datePublished":"2023-03-08T07:39:46+00:00","breadcrumb":{"@id":"https:\/\/ppdegalicia.com\/es\/declaracion-do-partido-popular-de-galicia-co-gallo-do-8-m-dia-internacional-da-muller\/#breadcrumb"},"inLanguage":"es","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/ppdegalicia.com\/es\/declaracion-do-partido-popular-de-galicia-co-gallo-do-8-m-dia-internacional-da-muller\/"]}]},{"@type":"ImageObject","inLanguage":"es","@id":"https:\/\/ppdegalicia.com\/es\/declaracion-do-partido-popular-de-galicia-co-gallo-do-8-m-dia-internacional-da-muller\/#primaryimage","url":"https:\/\/ppdegalicia.com\/wp-content\/uploads\/2023\/03\/69f8abbbe5955ea97c2cf682f9eedec1-scaled.jpg","contentUrl":"https:\/\/ppdegalicia.com\/wp-content\/uploads\/2023\/03\/69f8abbbe5955ea97c2cf682f9eedec1-scaled.jpg","width":2560,"height":1707},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/ppdegalicia.com\/es\/declaracion-do-partido-popular-de-galicia-co-gallo-do-8-m-dia-internacional-da-muller\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/ppdegalicia.com\/es\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"Declaraci\u00f3n do Partido Popular de Galicia co gallo do 8-M, D\u00eda Internacional da Muller"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/ppdegalicia.com\/es\/#website","url":"https:\/\/ppdegalicia.com\/es\/","name":"Partido Popular de Galicia","description":"Partido Popular de Galicia","publisher":{"@id":"https:\/\/ppdegalicia.com\/es\/#organization"},"alternateName":"PP de Galicia","potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/ppdegalicia.com\/es\/?s={search_term_string}"},"query-input":{"@type":"PropertyValueSpecification","valueRequired":true,"valueName":"search_term_string"}}],"inLanguage":"es"},{"@type":"Organization","@id":"https:\/\/ppdegalicia.com\/es\/#organization","name":"Partido Popular de Galicia","alternateName":"PP de Galicia","url":"https:\/\/ppdegalicia.com\/es\/","logo":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"es","@id":"https:\/\/ppdegalicia.com\/es\/#\/schema\/logo\/image\/","url":"https:\/\/ppdegalicia.com\/wp-content\/uploads\/2023\/04\/logoPP512.png","contentUrl":"https:\/\/ppdegalicia.com\/wp-content\/uploads\/2023\/04\/logoPP512.png","width":512,"height":512,"caption":"Partido Popular de Galicia"},"image":{"@id":"https:\/\/ppdegalicia.com\/es\/#\/schema\/logo\/image\/"},"sameAs":["https:\/\/www.instagram.com\/ppdegalicia\/","https:\/\/x.com\/ppdegalicia","https:\/\/www.tiktok.com\/@ppdegalicia","https:\/\/www.youtube.com\/user\/ppdegalicia"]},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/ppdegalicia.com\/es\/#\/schema\/person\/5b822c6f59e872ebdd1142f307dbcb59","name":"ppdegaliciaredes","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"es","@id":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/3c9179cf0256d00c72a48d1f25783c58b6842cd56e85ef3a572881c8e28ccd59?s=96&d=mm&r=g","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/3c9179cf0256d00c72a48d1f25783c58b6842cd56e85ef3a572881c8e28ccd59?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/3c9179cf0256d00c72a48d1f25783c58b6842cd56e85ef3a572881c8e28ccd59?s=96&d=mm&r=g","caption":"ppdegaliciaredes"},"url":"https:\/\/ppdegalicia.com\/es\/author\/ppdegaliciaredes\/"}]}},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/ppdegalicia.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/58004","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/ppdegalicia.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/ppdegalicia.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/ppdegalicia.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/38"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/ppdegalicia.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=58004"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/ppdegalicia.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/58004\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/ppdegalicia.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/58003"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/ppdegalicia.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=58004"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/ppdegalicia.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=58004"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/ppdegalicia.com\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=58004"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}