Rueda afirma que os mozos de Novas Xeración son imprescindibles para alcanzar a quinta maioría do PPdeG

04
Mai

Rueda afirma que os mozos de Novas Xeración son imprescindibles para alcanzar a quinta maioría do PPdeG

O candidato á Presidencia do PPdeG, Alfonso Rueda, asegurou que os mozos e mozas de Novas Xeracións serán imprescindibles para que a súa formación alcance a quinta maioría absoluta e así poder continuar mellorando a nosa Comunidade.

 

Tras recoñecer o orgullo por ter formado parte da organización xuvenil dos populares galegos, definiuna como unha canteira de ideas, valentía e de compromiso, incidindo en que no seu partido non sobra ninguén e en que precisa todo o que poden aportar os máis novos.

 

DEFENDER CON FORZA OS IDEAIS

Durante un acto con afiliados de Novas Xeracións celebrado en Santiago, Rueda resaltou a importancia de defender con forza os ideais propios e de rebelarse ante a imposición dos discursos únicos que pretende impoñer a esquerda. Así mesmo, amosouse contrario ás etiquetas e aos “encasillamentos” e aclarou que no seu partido non se lle di aos mozos como teñen que ser, senón que se traballa para que sexan o que eles queiran.

 

Como lamentou, a oposición mantén a súa costume de dividir aos galegos,  buscando tamén o enfrontamento en función da xeración á que pertence cada un. Ao respecto, explicou que a xuventude non é patrimonio exclusivo do resto de formacións -como queren facer crer estas forzas políticas-, pois “sería imposible ter catro maiorías absolutas” sen o apoio dos máis novos.

 

Por todo isto, salientou que ofrece un proxecto no que caben todos, insistindo ademais en que os mozos teñen que ser unha peza fundamental para axudar a Alberto Núñez Feijóo a chegar á Presidencia do Goberno de España.

Comparte: