MIGUEL ÁNGEL SANTALICES VIEIRA

05
Mar

MIGUEL ÁNGEL SANTALICES VIEIRA

Bande, 1955. Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, máster en Alta Dirección, Xestión e Administración Sanitaria pola Escola d’Alta Direcció i Administració de Cataluña (EADA) e diplomado en Dirección Hospitalaria. Funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala Saúde Pública e Administración Sanitaria. Foi director xerente do hospital psiquiátrico Cabaleiro Goás e dos hospitais de Vigo e Ourense.

Membro do Comité de Dirección, do Comité Executivo do Partido Popular de Galicia e do Comité Executivo Provincial do PP de Ourense.

Deputado do PPdeG por Ourense no Parlamento de Galicia desde o ano 1997. Portavoz de Sanidade na V, VI, VII, VIII e IX lexislaturas. Mellor parlamentario de España no eido sanitario, elixido pola revista especializada Redacción Médica. Presidente da Comisión de Sanidade na VIII e parte da IX lexislatura. Presidente da Comisión de investigación para analizar e avaliar a evolución económica-financeira das antigas caixas de aforros e as causas e responsabilidades da súa transformación en bancos, incluíndo as indemnizacións millonarias dos seus ex-directivos, na IX lexislatura.

Foi Vicepresidente primeiro do Parlamento de Galicia, na V, VIII e IX lexislaturas ata a súa elección como presidente do Parlamento o 26 de xaneiro de 2016.

Presidente do Parlamento de Galicia na X e XI lexislaturas.

Comparte: