Restitución dos servizos e frecuencias de tren suprimidos en Galicia con motivo da pandemia xerada pola Covid-19

31
Mai

Restitución dos servizos e frecuencias de tren suprimidos en Galicia con motivo da pandemia xerada pola Covid-19

 

Iniciativa sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno galego en relación cos servizos e frecuencias de tren suprimidos en Galicia e, en particular, en Ourense, con
motivo da pandemia xerada pola covid-19

O Grupo Parlamentario Popular avoga por un transporte público de calidade e pola mellora das infraestruturas que faciliten a mobilidade das persoas. Neste contexto, o ferrocarril é unha das posibilidades idóneas para garantir o dereito irrenunciable que te os cidadáns á mobilidade por, entre outros motivos, seguridade, comodidade, sustentabilidade ambiental, redución do tránsito de vehículos nas estradas e vertebración territorial.

 

Para garantir os servizos e a competitividade dos territorios, é preciso que os cidadáns teñan a súa disposición un transporte ferroviario de calidade. Iso supón que poidan dispoñer dunha oferta acorde coas súas necesidades, tanto no que respecta ás características dos trens, como a itineraios, tempos de viaxe e frecuencias.

 

Estes requisitos, lamentablemente non se están a cumprir na nosa Comunidade, que nos últimos anos ven sendo obxecto dunha continua redución e supresión de servizos por parte do Goberno central presidido polo Partido Socialista.

 

Esta xa de por si situación precaria viuse agravada, nestes últimos meses, polo contexto sanitario e a declaración do estado de alarma por mor da Covid-19, que limitou ostensiblemente a mobilidade das persoas.

 

Pese a restablecerse o dereito á mobilidade dos cidadáns, RENFE e por ende o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, non restableceron os enlaces nin as frecuencias existentes no noso territorio previos á declaración de dito estado, co conseguinte agravio tanto a nivel de competitividade como de mobilidade de milleiros de galegas e galegos.


A conselleira Ethel Vázquez xa advertiu en reiteradas ocasións ao Goberno Central do forte impacto negativo que está a ter esta situación tanto na poboación como na economía xeral de Galicia.

 


Así e a todo, no caso concreto da provincia de Ourense, RENFE esqueceu recuperar o tren Avant que sae de Ourense con destino A Coruña ás 6:45 horas e que traslada principalmente a traballadores, funcionarios e estudantes universitarios.

Tamén esqueceu repoñer o ALVIA (con dous vagóns con código compartido AVANT) que saía ás 15:12 h. de Santiago de Compostela e chegaba a Ourense ás 15:48 h. outra das frecuencias máis empregadas por todos os traballadores e estudantes que regresan ao seu lugar de residencia tras a súa xornada

 

Consideramos desde o Grupo Parlamentario do Partido Popular que a situación xerada pola Covid-19 non pode ser utilizada como excusa polo Goberno central para eliminar servizos ferroviarios na nosa Comunidade e privar ás galegas e galegos dun servizo público esencial, cos conseguintes prexuízos na mobilidade, pero tamén na actividade económica que diso se deriva e na conciliación da vida laboral e familiar para moitas familias galegas


Por todo o exposto, desde este Grupo Parlamentario, presentamos a seguinte proposición non de lei en Comisión:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España que:


1.-Restablezca todos os servizos de tren que foron suprimidos amparándose na pandemia provocada pola COVID-19, tanto no que ten que ver nas conexións interiores na propia Comunidade galega como coas conexións de Galicia con outras Comunidades Autónomas, e que no caso concreto de Ourense se recuperen con carácter urxente as frecuencias do Avant Ourense-A Coruña con saída ás 6:45 h. e o ALVIA (con dous vagóns con código compartido AVANT) que saía ás 15:12 h. de Santiago de Compostela e chegaba a Ourense ás 15:48 ao obxecto de facilitar a mobilidade da cidadanía, a actividade económica e salvagardar o dereito á conciliación da vida laboral e familiar.”

 

Rexistro: https://www.parlamentodegalicia.es/Rexistros/OmMQvjusNw70dPhhX-EYZMdGyuM6z7cdbjLOgSvWXe0=

 

Comparte: