Programación para o 45 aniversario da Constitución Española

15
Nov

Programación para o 45 aniversario da Constitución Española

Elaboración dunha programación que celebre o 45 aniversario da aprobación da Constitución Española.

 

 

A aprobación da Constitución Española no ano 1978 deu inicio a unha nova etapa histórica no noso país. O texto constitucional, presentado o 31 de outubro e ratificado en referendo polos españois o 6 de decembro, entrou en vigor uns días máis tarde ese mesmo ano.


O proceso previo á aprobación da Constitución non foi un camiño doado, necesitáronse meses de traballo entre os distintos grupos políticos que, con perspectiva e responsabilidade de pais, chegaron a acordos históricos que, máis de catro décadas despois, continúan vixentes. Tamén os cidadáns entenderon o momento que estaban a vivir e votaron a favor do texto constitucional coa mirada posta na concordia e no entendemento.


É  evidente que a Constitución  foi fundamental  para  consolidar  o  noso  Estado  de

Dereito, nos principios de liberdade, xustiza, igualdade e pluralismo político. Nos seus

45 anos de vida, a Constitución Española foi o marco sobre o que se desenvolveu a historia recente do noso país, o maior período de paz, benestar social e crecemento económico.



Tamén foi o sustento sobre o que se perfilou a organización territorial do Estado, o que

permite á nosa Comunidade gozar de institucións propias e dun nivel de autonomía e de liberdades sen precedentes, ao ser o fundamento do Estatuto de Autonomía.


O case medio século de vixencia da actual Constitución Española son unha proba da súa vitalidade. O vindeiro ano 2023, coincidindo co 45 aniversario da súa aprobación, temos a oportunidade de reflexionar sobre o seu impacto, o papel dos distintos actores implicados na súa elaboración e celebrar os avances sociais que experimentou Galicia, e toda España, dentro deste marco constitucional.


Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario Popular de Galicia, presenta a seguinte proposición non de lei en Pleno:


“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a elaborar unha programación que celebre o 45 aniversario da aprobación da Constitución Española”.

Comparte: