O PPdeG avoga porque o instituto sexa a primeira obra licitada, adxudicada e executada no plan parcial de Navia

30
Abr

O PPdeG avoga porque o instituto sexa a primeira obra licitada, adxudicada e executada no plan parcial de Navia

Santiago, 29 de abril de 2021.- A deputada popular Teresa Egerique asegurou esta tarde no Parlamento galego que “todos os vigueses queremos un instituto en Navia e haberá un instituto en Navia”.

Deste xeito, animou á Xunta “a seguir traballando, en coordinación co Concello de Vigo, para que esta instalación educativa sexa a primeira licitada, adxudicada e executada no plan parcial de Navia”.

 

Teresa Egerique lembrou que o Goberno galego introduciu nos orzamentos da Xunta para 2021 unha partida de 50.000 euros para redactar o proxecto construtivo para o novo instituto de Navia, que suporá un investimento aproximado de 5 millóns de euros.

 

“Esta obra está prevista realizala nun solar de máis de 12.500 metros cadrados que o Concello de Vigo debe poñer á disposición da Xunta, un espazo que sairá do desenvolvemento do plan de Navia impulsado pola Administración galega”, apuntou.

 

A deputada popular explicou que a Xunta entregará ao Concello de Vigo as parcelas previstas no plan parcial de Navia, onde existe unha reserva de terreos para a construción do novo instituto. “O Goberno galego ten o compromiso de construír este centro cando desde o Concello se entreguen os terreos necesarios, para o que se pode asinar un convenio de colaboración no que ambas administracións asuman as súas obrigas”, dixo.

Comparte: