Aprobado en comisión o ditame da proposición de lei de recuperación da terra agraria, paso previo para o seu debate definitivo en Pleno

03
Mai

Aprobado en comisión o ditame da proposición de lei de recuperación da terra agraria, paso previo para o seu debate definitivo en Pleno

Santiago, 3 de maio de 2021.- A Comisión 7ª do Parlamento de Galicia aprobou esta mañá o ditame da proposición de Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, co que esta iniciativa lexislativa queda pendente da súa aprobación definitiva en Pleno.

A portavoz de Medio Rural do Grupo Popular, Elena Candia, salientou e agradeceu “o ton cordial e de colaboración amosado por todos os membros da ponencia desta proposición de lei, que demostrouse na abstención final tanto do BNG como do PSdeG ao informe final”.

 

“Estamos a falar dunha proposición de lei que naceu neste Parlamento, co apoio do Goberno galego, e que conseguiu na súa tramitación en ponencia mellorar o seu contido ata conseguir un texto no que se incorporaron case 200 emendas dos grupos da oposición”, salientou.

 

Elena Candia lembrou que “agora falta o debate en Pleno para a aprobación definitiva desta proposición de lei” e incidiu que “desde o Grupo Popular seguiremos coa man tendida para incorporar todo aquilo que sexa positivo para o desenvolvemento do noso rural e mellora da vida das súas xentes”.

Comparte: