O Parlamento galego pide que a Xunta coordine un programa cultural que celebre a figura do pintor Laxeiro no Día das Artes Galegas de 2022

08
Out

O Parlamento galego pide que a Xunta coordine un programa cultural que celebre a figura do pintor Laxeiro no Día das Artes Galegas de 2022


Santiago, 8 de outubro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei do Grupo Popular, sen o respaldo de BNG nin de PSdeG, a través da que se recoñece a relevancia de Laxeiro no eido das artes plásticas de Galicia e manifesta a importancia de que a Xunta coordine a posta en marcha dunha programación cultural que celebre a súa figura coincidindo co Día das Artes Galegas 2022.

A portavoz de Cultura, Teresa Egerique, salientou que “Laxeiro é un artista con nome propio dentro da cultura galega do século XX, do que este ano se está a celebrar o 25 aniversario do seu pasamento e o vindeiro Día das Artes Galegas de 2022, que terá lugar o 1 de abril, estará dedicado á figura deste pintor”.

 

“Neste marco, a Xunta debe xogar un papel clave como coordinadora dunha programación excepcional, xerando sinerxias positivas entre os implicados no marco do Día das Artes Galegas”, apuntou. Neste sentido, considerou “fundamental a suma de esforzos entre todos para acadar o obxectivo común, que non é outro que divulgar a vida e a obra dun autor plástico galego de excepción”.

Comparte: