Os deputados galegos do PP volven solicitar a comparecencia da ministra e da secretaria de Estado de Transportes no Congreso para abordar o colapso do viaduto da A-6

24
Nov

Os deputados galegos do PP volven solicitar a comparecencia da ministra e da secretaria de Estado de Transportes no Congreso para abordar o colapso do viaduto da A-6

Os deputados galegos do Partido Popular no Congreso volven solicitar, como xa fixeran en xuño, a comparecencia da ministra e da secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para informar sobre as causas do colapso do viaduto do Castro na A-6, así como sobre o cronograma e o orzamento previstos para a súa reparación e restablecemento.

Insisten os populares en que “esta vía de comunicación é esencial para Galicia e para Castela e León” e, polo tanto, urxen ao seu restablecemento unhas vez coñecidas as conclusións preliminares sobre as causas do seu derrubamento. De aí que rexistraran esta mesma semana a solicitude de comparecencia de Raquel Sánchez e Isabel Pardo de Vera na Comisión de Transportes da Cámara Baixa.

Celso Delgado, Jaime de Olano, Joaquín García, Ana Vázquez solicitaron ademais ao Ministerio unha serie de informes e documentos relativos ao colapso da A-6 como son: os informes de inspección periódica do viaduto do Castro desde o 1 de xaneiro de 2000 ata o mes de marzo de 2021, o informe de inspección especial realizado en abril de 2021 e no que aflorou o gran deterioro dos cables, o expediente de declaración de emerxencia das obras, os contratos coas diferentes empresas, a memoria e o orzamento das obras de reparación, os informes de vixilancia e seguridade emitidos ao largo da execución das obras de emerxencia ou os informes das inspeccións principais e especiais realizadas sobre os viadutos de Valenzá e Arnoia na A-52 e do Manzanal na A-6.

Comparte: