Novembro 2022

Novembro 2022 (64)

O Grupo Popular demanda a BNG e PSdeG “leccións cero” en materia de convenios cos concellos galegos

01
Dec

O Grupo Popular demanda a BNG e PSdeG “leccións cero” en materia de convenios cos concellos galegos

1 de decembro de 2022. A portavoz de Vivenda do Grupo Popular, Begoña Freire, demandou hoxe no Pleno do Parlamento a BNG e PSdeG que en materia de convenios cos concellos “leccións cero” á Xunta de Galicia, porque asegurou que “a transparencia destes acordos de cooperación é total e en estrito cumprimento da normativa, coa publicación do acordo no Portal de Transparencia e Goberno Aberto e no Rexistro de Convenios da Xunta”.

O PPdeG demanda ao Goberno central axilidade nos fondos europeos para que proxectos como Altri sexan unha realidade

28
Nov

O PPdeG demanda ao Goberno central axilidade nos fondos europeos para que proxectos como Altri sexan unha realidade

O Partido Popular de Galicia demanda ao Goberno central axilidade nos fondos europeos para que proxectos como o da fábrica de fibras téxtiles de Altri sexan unha realidade e ante o risco de perder a oportunidade de modernizar e dar músculo ao tecido industrial de Galicia.

O PPdeG traballa para ter a 31 decembro os candidatos dos 313 concellos galegos ás eleccións municipais

28
Nov

O PPdeG traballa para ter a 31 decembro os candidatos dos 313 concellos galegos ás eleccións municipais

O Partido Popular de Galicia traballa para ter designados a 31 de decembro os 313 candidatos dos 313 concellos galegos para as eleccións municipais do vindeiro ano e co obxectivo de “ofrecerlle a todos os galegos o proxecto serio, solvente e centrado que necesitan”.

O PP solicita a comparecencia do Goberno no Senado para explicar a exclusión de Galicia do seu mapa de autopistas ferroviarias

26
Nov

O PP solicita a comparecencia do Goberno no Senado para explicar a exclusión de Galicia do seu mapa de autopistas ferroviarias

Os senadores galegos do Partido Popular solicitan a comparecencia na Cámara Alta da secretaria de Estado de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana, Isabel Pardo de Vera, para explicar os motivos polos que o Ministerio deixou fóra a Galicia e ao noroeste español do mapa de autopistas ferroviarias deseñado polo Goberno.

O PPdeG pedirá no Parlamento que o Goberno central tome as medidas necesarias “para minimizar o impacto negativo da Lei do ‘só si é si’ nas vítimas de violencia sexual”

25
Nov

O PPdeG pedirá no Parlamento que o Goberno central tome as medidas necesarias “para minimizar o impacto negativo da Lei do ‘só si é si’ nas vítimas de violencia sexual”

O Partido Popular de Galicia presentará no Parlamento de Galicia unha iniciativa para instar ao Goberno de España a que adopte as medidas necesarias “para minimizar o impacto negativo da Lei do ‘só si é si’ nas vítimas de violencia sexual” porque “o 25-N debe servir para que o Goberno rectifique e se comprometa a asegurar que ningún agresor cumpra unha pena inferior á que tiña antes da entrada en vigor da súa chapuceira lei”.

O Parlamento pide ao Goberno central a creación dun Grupo Operativo da Unidade de Prevención e Reacción da Policía Nacional en Ourense

24
Nov

O Parlamento pide ao Goberno central a creación dun Grupo Operativo da Unidade de Prevención e Reacción da Policía Nacional en Ourense

24 de novembro de 2022. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España a creación dun Grupo Operativo ao completo da Unidade de Prevención e Reacción (UPR) da Policía Nacional na Comisaría de Ourense.

O Parlamento galego condena enerxicamente a agresión de Rusia a Ucraína e esixe a súa inmediata retirada

24
Nov

O Parlamento galego condena enerxicamente a agresión de Rusia a Ucraína e esixe a súa inmediata retirada


24 de novembro de 2022. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio do BNG, a través da que se condena enerxicamente a agresión  de Rusia a Ucraína, rexeitando totalmente a invasión das forzas militares rusas e esixindo a súa inmediata retirada.

Os deputados galegos do PP volven solicitar a comparecencia da ministra e da secretaria de Estado de Transportes no Congreso para abordar o colapso do viaduto da A-6

24
Nov

Os deputados galegos do PP volven solicitar a comparecencia da ministra e da secretaria de Estado de Transportes no Congreso para abordar o colapso do viaduto da A-6

Os deputados galegos do Partido Popular no Congreso volven solicitar, como xa fixeran en xuño, a comparecencia da ministra e da secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para informar sobre as causas do colapso do viaduto do Castro na A-6, así como sobre o cronograma e o orzamento previstos para a súa reparación e restablecemento.

O PPdeG diríxese aos 10 deputados galegos do PSOE para que non sexan cómplices de Pedro Sánchez e voten hoxe contra a derrogación do delito de sedición

24
Nov

O PPdeG diríxese aos 10 deputados galegos do PSOE para que non sexan cómplices de Pedro Sánchez e voten hoxe contra a derrogación do delito de sedición

O Partido Popular de Galicia súmase á campaña #NoSeasCómplice nas súas redes sociais provinciais para interpelar aos dez deputados galegos do PSOE no Congreso ante a votación que terá lugar hoxe, xoves 24 de novembro, para a toma de consideración da proposición de lei de socialistas e Unidas Podemos para derrogar o delito de sedición.

O Grupo Popular pedirá no Pleno da vindeira semana que o Goberno central e o PSOE retiren a proposta de derrogar o delito de sedición

24
Nov

O Grupo Popular pedirá no Pleno da vindeira semana que o Goberno central e o PSOE retiren a proposta de derrogar o delito de sedición

23 de novembro de 2022. O Grupo Popular solicitará no Pleno ordinario do Parlamento de Galicia que se celebra a vindeira semana que o Goberno de España, a través do seu Presidente e tamén secretario xeral do PSOE, retire de maneira inmediata a iniciativa parlamentaria presentada nas Cortes Xerais que modifica o Código Penal para derrogar o delito de sedición.

Páxina 1 de 5