ALFONSO RUEDA VALENZUELA

05
Mar

ALFONSO RUEDA VALENZUELA

Naceu en Pontevedra en 1968, é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago. Funcionario de Administración Local, foi secretario nos concellos de Cervantes, A Cañiza e Cambados e secretario-interventor da Mancomunidade de Paradanta. No ano 2000 accedeu ao cargo de director xeral de Administración Local da Xunta de Galicia, cargo que ocupou ata que en 2006 resultou elixido secretario xeral do PPdeG.

En 2009 foi elixido deputado do Parlamento galego tras formar parte da candidatura do PP por Pontevedra ao Parlamento de Galicia e, en marzo dese mesmo ano, nomeado conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Desde 2012 é, ademais, vicepresidente da Xunta de Galicia.

En marzo de 2016 foi elixido presidente provincial do Partido Popular de Pontevedra.

Comparte: