JOSÉ MANUEL CORES TOURÍS

05
Mar

JOSÉ MANUEL CORES TOURÍS

Naceu en 1958 en Oubiña (Cambados), desenvolveu a súa actividade profesional na dirección e xerencia de cooperativas agrarias e como vicepresidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas.

En 1987 foi designado tenente-alcalde do Concello de Cambados e en 1998 accedeu á alcaldía deste concello, cargo que desempeñou ata 2009 cando foi nomeado delegado territorial da Xunta en Pontevedra.

Tamén foi senador por Pontevedra nas lexislaturas VII, VIII e IX. En marzo de 2016 foi elixido secretario xeral do Partido Popular de Pontevedra.

Comparte: