MIGUEL ÁNGEL SANTALICES VIEIRA

05
Mar

MIGUEL ÁNGEL SANTALICES VIEIRA

(Bande, 1955). Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, máster en Alta Dirección, Xestión e Administración Sanitaria pola Escola d’Alta Direcció i Administració de Cataluña (EADA) e diplomado en Dirección Hospitalaria. Funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala Saúde Pública e Administración Sanitaria. Foi director xerente do hospital psiquiátrico Cabaleiro Goás e dos hospitais de Vigo e Ourense.

Deputado no Parlamento de Galicia desde a V lexislatura (1997). Foi vicepresidente da Cámara na V, VIII e IX lexislaturas, ademais de vocal, portavoz e presidente de diversas comisións, en particular en Sanidade, ata a súa elección como presidente do Parlamento de Galicia en xaneiro de 2016.

Membro do Comité Executivo Rexional do Partido Popular de Galicia e coordinador de política autonómica no Comité Executivo Provincial do PP de Ourense.

Comparte: