Iniciativa sobre unha pronta solución que poña fin ao bloqueo que está a impedir comercialización de marraxo e medidas de alivio da frota palangreira galega

02
Out

Iniciativa sobre unha pronta solución que poña fin ao bloqueo que está a impedir comercialización de marraxo e medidas de alivio da frota palangreira galega

 

Iniciativa de demanda dunha  pronta solución que poña fin ao bloqueo que está a impedir a comercialización do marraxo dientuso e a adopción de medidas que permitan aliviar a situación da frota palangreira galega.


O marraxo constitúe una especie de grande importancia para a frota palangreira galega, xa que supón o 10% das súas capturas anuais.

Os preto de 160 buques palangreiros de superficie desembarcan unhas tres mil toneladas ao ano, por valor duns dez millóns de euros.

A decisión de incluír o marraxo dentro do Apéndice II da Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres (CITES) constitúe un duro golpe para o sector e está a provocar que os buques que operan no Atlántico norte se teñan quedado sen cota da especie por primeira vez na súa historia.

Ademais, tal como ten manifestado o secretario xeral da Confederación Española de Pesca, é lamentable que dende a propia Europa se aprobase a inclusión desta especie no Apéndice II de CITES, no que figuran aquelas que, sen estar necesariamente ameazadas de extinción, poden chegar a estalo sen un control estrito do seu comercio.

A efectos prácticos, isto significa que requirirase dun permiso de exportación ou un certificado de reexportación á hora de poñer o marraxo no mercado. Isto é, este feito suporá facer fronte a máis burocracia, unha ralentización das operacións e un incremento dos custes.

Preocupante tamén é a actitude do Goberno español, que segue na súa liña de non defender os intereses do sector pesqueiro galego, ao tentar poñerlle coto á venda desta especie, que non ten TAC a nivel europeo.
Non debemos esquecer o parón de colectores con marraxo, que se producía meses atrás, ante a pasividade do Goberno central á hora de darlle solución á falta dun certificado de exportación especial que impedía a entrada das capturas do palangre.

Tendo en conta esta situación, e sendo conscientes de que esta especie aporta un rendemento económico notable para a nosa frota de palangre, o grupo parlamentario popular de Galicia, presentamos a seguinte proposición non de lei en pleno:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno central e da Comisión Europea a análise de medidas de protección do marraxo dientuso que non leven ao quebranto económico da frota e que teña en conta todas as medidas de xestión sostible que as diferentes ORP e a UE teñen adoptado en favor desta especie.”

Comparte: