Iniciativa sobre o establecemento dun sistema de distribución dos fondos europeos baseado na transparencia e na obxectividade

18
Nov

Iniciativa sobre o establecemento dun sistema de distribución dos fondos europeos baseado na transparencia e na obxectividade

Iniciativa sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para o establecemento dun sistema de distribunción dos fondos europeos baseado na transparencia e na obxectividade 

 

A pandemia da COVID-19 derivou nunha crise social e económica en todos os países da Unión Europea, que obrigou a adoptar diversas medidas excepcionais para facerlle fronte. Por elo, o pasado mes de xullo, o Consello Europeo chegaba a un acordo sobre o Marco Financeiro Plurianual 2021-2027 (MFP) e sobre un Plan de Recuperación para Europa impulsado por un novo instrumento temporal denominado Next Generation EU (NGEU), dotado de 750.000 millóns de euros e canalizado, especialmente, a través dun novo Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR) que copa máis do 80% de todo o NGEU.


Os fondos asignados a España ao abeiro do MRR ascenden a 126.000 millóns de euros - do total de 140.000 millóns de euros asignados ao noso país – que servirán para apoiar o investimento e as reformas durante os anos 2021 a 2023 a través do Plan Nacional de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

 

Có obxecto de maximizar esta oportunidade, Galicia leva tempo traballando de forma conxunta co tecido produtivo, os interlocutores participantes no Diálogo Social e expertos económicos para identificar iniciativas que, a través de investimentos produtivos, dean resposta aos procesos de reforma e transformación que require o momento actual.
.

Así pois, contamos cunha primeira proposta formada por máis dun cento de iniciativas viables, ben definitivas e maduras presentadas ao Goberno de España, que poderían chegar a mobilizar máis de 9.400 millóns de euros coa colaboración público-privada. Unha proposta na que se seguirá traballando para facer fronte á pandemia e lograr unha efectiva transformación económica e social.


Como parte da Nación española, desde o grupo parlamentario popular de Galicia creemos que o reparto destes fondos deben respondera a parámetros obxectivos e homoxéneos. Por iso, solicitados que o Goberno central conte coas comunidades autónomas á hora de fixar estes criterios e garantir que se poidan os fondos que corresponden aos seus ámbitos de competencia (sanidade, educación, políticas sociais e política industrial).


Por todo o anterior, o Grupo Parlamentario Popular presenta a seguinte proposición non de lei en Pleno:


“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno central a que estableza un sistema de reparto dos fondos europeos baseado na transparencia e na obxectividade, que teña en conta os principios que se expoñen a continuación:


1) O principio de subsidiariedad e goberno multinivel, de modo que as comunidades autónomas participen no proceso de definición destes criterios.


2) O principio de concorrencia competitiva, que disipe calquera risco de discrecionalidade ou arbitrariedade no proceso.

 

Rexistro Iniciativa: http://www.parlamentodegalicia.gal/Expedientes/11/PNP-000574

 

 


3) O principio de cohesión social e territorial, de maneira que a distribución teña en conta factores como a renda per cápita, a porcentaxe de poboación que vive no rural, o reto demográfico ou a transición industrial”

 

Rexistro Iniciativa: 

Comparte: