Iniciativa sobre a redución do IVE dos salóns de peiteado e o seu apoio por mor da crise da covid-19

16
Feb

Iniciativa sobre a redución do IVE dos salóns de peiteado e o seu apoio por mor da crise da covid-19


Iniciativa obre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno do Estado para que proceda á redución do IVE dos salóns de peiteado do
actual 21% a un 10% e sobre o apoio necesario  para garantir a supervivencia deste sector  nun momento de especial necesidade por mor da crise da covid-19

Os salóns de peiteado representan un importante sector económico do tecido empresarial do noso país. Durante os últimos anos estes profesionais veñen atravesando unha notable crise, que se veu agravada coa chegada da pandemia da Covid-19.

 

A restricións derivadas da situación sanitaria e a práctica desaparición de celebracións e eventos festivos, están abocando á desaparición a centos de profesionais e empresas do sector.

 

Só en Galicia, o impacto da crise sanitaria provocou o peche de máis 300 negocios de peiteado e unha caída na súa facturación que supera o 30%. Estes negocios, na súa maioría pequenas e medianas empresas, supoñen un número considerable de postos de traballo.

 

Cabe destacar tamén, o esforzo realizado polo sector para adaptarse á normativa recomendada polas autoridades sanitarias, o que supuxo tamén un importante investimento que, apoiados pola administración autonómica, tiveron que asumir directamente.

 

Desde o Grupo Parlamentario Popular e logo do dialogo cos traballadores galegos do sector, podemos concluír que unha das medidas fundamentais para garantir a súa supervivencia e a baixada do IVE, pasando do 21% actual, ao 10%.


Esta redución fundamentase, entre outras cuestións, na súa cualificación por parte do Goberno como servizo esencial durante o Estado de Alarma. Pois ádemas do seu traballo no ámbito da estética, realizan unha importante labor hixiénica e sanitaria, especialmente para as persoas dependentes.

 

A aplicación deste IVE reducido suporía unha importante inxección de liquidez, nun momento vital para garantir o seu futuro e o dos postos de traballo que manteñen.

Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario Popular presenta a seguinte proposición non de lei en Comisión:

“O Parlamento de Galicia Insta a Xunta de Galicia a:

Demandar ao Goberno do Estado a redución do IVE dos salóns de peiteado, pasando do actual 21% a un 10%, dando o apoio necesario para garantir a supervivencia deste sector e dos postos de traballo que manteñen, nun momento de especial necesidade por mor da crise da Covid-19”

 

Rexistro Iniciativa: https://www.parlamentodegalicia.es/Expedientes/11/PNC-000917

 

Nota: http://www.ppdegalicia.com/index.php/gl/novas/item/5043-o-parlamento-galego-demanda-a-baixada-do-ive-do-21-ao-10-para-os-salons-de-peiteado

 

Comparte: