Creación de oportuniddes para a mocidade e  seguir apostando por programas pioneiros como o Xuventude Mentoring

31
Ago

Creación de oportuniddes para a mocidade e seguir apostando por programas pioneiros como o Xuventude Mentoring

Iniciativa sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia respecto da creación de oportunidades para a mocidade e seguir apostando por programas pioneiros como o Xuventude Mentoring

 

 

Xuventude Mentoring é un programa integral de formación e mentoring destinado a persoas mozas tituladas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Trátase dun programa pioneiro promovido pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia e o Cixug, en colaboración coas tres universidades galegas, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

 

O programa está destinado á mellora das habilidades e competencias para a busca de emprego, tanto por conta propia como por conta allea, a través de accións formativas, actividades de networking e dunha rede de persoas mentoras procedentes do empresariado galego, que ofrecerán asesoramento e apoio.

 

Esta segunda edición é unha continuidade a un programa exitoso, que na súa primeira convocatoria logrou que o 58% dos participantes estea traballando a tempo completo ou completando formación.

 


Por todo o exposto, as deputadas e deputados do Grupo Parlamentario Popular presentamos a seguinte proposición non de lei en Pleno.

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a seguir traballando na creación de oportunidades para a mocidade e seguir apostando por programas pioneiros como o Xuventude Mentoring”.

Comparte: