Feijóo pide o voto para a súa candidatura coa “ilusión do primeiro día”

Ourense, 7 de maio de 2016.-. Alberto Núñez Feijóo pediu hoxe o voto para a súa candidatura á Presidencia do PPdeG coa “ilusión do primeiro día” e o compromiso do máximo esforzo e implicación por unha Galicia aberta e renovada onde teñen sitio todos os galegos. Compromiso que, como indicou, agarda tamén por parte da militancia, “porque –incidiu- vos necesito”.

“Dou a cara e pido o voto dos militantes do PPdeG porque me sinto lexitimado para pedir o voto de todos os galegos”, aseguraba o dirixente popular no marco do Congreso autonómico dos populares galegos, onde destacou que se sentía igual de agradecido e ilusionado que hai dez anos, cando iniciou a súa etapa como presidente da formación.

Con respecto a isto, Feijóo sinalou que a principal diferenza entre a primeira vez que presentou a súa candidatura á Presidencia do partido e a actual é a fe que ten en que os populares van a lograr o que se propoñen: “Convencido, en definitiva, de que, por moi difícil que pareza, por terceira vez consecutiva imos volver gobernar Galicia, cos votos libres e democráticos dos galegos”. 

Baixo a súa opinión, no PPdeG hai futuro, como así o demostra a nova xeración de homes e mulleres que queren participar en política e as galegas e galegos que, cando pensan en política responsable, pensan “neste partido que naceu en Galicia, no PPdeG”.

Neste senso, asegurou que volve a presentarse como candidato porque cree en Galicia e quere a Galicia; porque hai un equipo “disposto a gañar o partido”; porque non lle gusta a política actual e quere contribuír a mudala; e porque Galicia non a cambia por nada. Como sinalou, algúns dicían que “non estaría aquí se pensara que vou perder. Pois que saquen as súas conclusións porque hoxe volvo estar aquí”.

SOBRE A OPOSICIÓN
Feijóo pediu aos populares desenvolver o seu propio modelo de política porque noutros partidos non van atopar nada bo que os inspire, como sucede no PSOE, que quen se quere facer co control négase a dar a cara e busca desesperadamente a un candidato que se esnafre no seu lugar.

Por outra banda, sinalou que Podemos e Ciudadanos tampouco poden ser fonte de inspiración porque o PPdeG non queren que o controlen cun mando a distancia desde Madrid ou Barcelona. 

Pola contra, cre que no PPdeG hai un partido que coñece Galicia e un candidato que da a cara porque cre nas posibilidades deste país e no proxecto que os populares poden ofrecerlle nos vindeiros catro anos. 

O PROXECTO DO PPdeG É PARA TODOS  
Feijóo pediu aos militantes non só o voto para a súa candidatura senón tamén o seu compromiso firme do máximo esforzo e da máxima implicación, posto que a súa forma de entender política e a carón das persoas que conforman o partido. Por iso, apuntou que non se presenta a este congreso para ser o comandante ante o que todos deben pechar os ollos e dicirlle ‘si’, senón como un militante de Galicia, aberto ás críticas e ao servizo de todos.

Nesta liña, o candidato á Presidencia do PPdeG asegurou que non se presenta contra ninguén, senón a favor de todos: dos votantes do partido, dos que deixaron de darlle a súa confianza, dos que nunca o votaron, dos que están pensando en votalo por primeira vez e dos que nunca o votaron nin o votarán.

Así mesmo, sinalou que o PPdeG é o partido que máis se parece a Galicia e por iso aposta por un partido unido, porque non quere unha Galicia dividida; quere un partido que conta cos mozos, porque quere unha Galicia con futuro; quere un partido rural, porque Galicia naceu no rural e no mar; quere un partido que coida aos seus maiores, porque quere unha Galicia que non lle perda o respecto aos que fixeron posible todo o que somos; e quere un partido renovado para unha Galicia “que se vaia renovando”.

LEMBRANZAS E AGRADECEMENTOS
Feijóo tamén aproveitou a súa intervención para lembrar a dúas persoas “ás que lle debemos case todo o que é este partido”, que son Xerardo Fernández Albor e Manuel Fraga Iribarne. Do mesmo xeito, agradeceu o traballo de todas as persoas que o acompañaron desde os seus inicios no partido como son Alfonso Rueda, de quen asegurou que non só foi o secretario xeral con máis tempo no cargo senón que, baixo o seu punto de vista, foi o mellor. 

Tellado, abrumado pola confianza de Feijóo: “Serei un servidor máis do partido”

Di ser un reto relevar a Alfonso
Rueda e fíxase como obxectivo gañar e gobernar tralas vindeiras eleccións
xerais e autonómicas

Tellado, abrumado pola confianza de Feijóo: “Serei un servidor máis do
partido”

Ourense, 7 de maio de 2016.- O voceiro do PPdeG e futuro
secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, dixo estar abrumado pola confianza
depositada nel por parte do presidente do partido, Alberto Núñez Feijóo, e dixo
marcarse como desafío as vindeiras eleccións xerais e autonómicas. “O reto é
gañar e gobernar”, di.

Destaca a dificultade de relevar
a Alfonso Rueda, que deixa o listón moi alto, e apunta que será “un servidor
máis do partido”. Ademais, aposta por traballar coordinadamente coas estruturas
provinciais e traballaremos “como un equipo”.

“Agardo non defraudar e estar á
altura das responsabilidades asinadas”, dixo Tellado, quen apuntou que foi na
noite de onte cando Alberto Núñez Feijóo trasladoulle a súa designación-.

O PPdeG apostará por novas rebaixas fiscais de cara ao futuro

Ourense, 7 de maio de 2016.- O PPdeG impulsará un proxecto político para Galicia renovado, coherente, realista e realizable para mellorar a calidade de vida dos galegos, abranguendo a todos os ámbitos de xestión, todos os colectivos e todos os territorios sen ningún tipo de exclusión.

Segundo recolle o manifesto “A Galicia do futuro: o camiño por percorrer”, os populares teñen agora a obriga de configurar un proxecto de futuro para o conxunto da cidadanía, que sexa inclusivo e que permita acadar un novo horizonte de oportunidades e de esperanza. Pero esa realidade debe ir acompañada de iniciativas e ideas renovadas, acordes cos novos desafíos que Galicia deberá afrontar no horizonte de 2020.

 Así mesmo, fronte ás propostas excluintes, de curto percorrido, ou de escaso espírito democrático, o PPdeG reitera a súa aposta de sempre polo galeguismo integrador e universal, que permitiu situar a Galicia entre as rexións con maior autonomía de Europa, un galeguismo que tamén enxalza e se enorgullece dos sinais de identidade que nos diferencian como pobo ao tempo que nos sentimos españois e europeos.

CRECEMENTO SOSTIDO ORIENTADO ÁS PERSOAS
Unha vez superadas as peores dificultades, é o momento de afrontar a recuperación económica co obxectivo de acadar un crecemento sostido do 2,5% anual do PIB na segunda metade desta década e reducir o desemprego na Comunidade a un 10%, o que sería unha economía ao servizo das persoas.

Para iso, Galicia completará a consolidación fiscal, cumprindo co obxectivo de estabilidade orzamentaria, reducindo a súa débeda paulatinamente e facendo fronte ás súas obrigas e pagamentos a provedores con axilidade.

Ademais, o conxunto da estratexia económica orientarase á mellora da renda das persoas, valorando novas posibles rebaixas de impostos en función da evolución dos ingresos da Comunidade Autónoma.

Por outra banda, os populares potenciarán a innovación e a internacionalización da empresa galega e promoverán a captación de investimento estranxeiro. Así mesmo, farase unha aposta polo emprendemento, que anime a posta en marcha de novas iniciativas e oportunidades, xeradoras de riqueza e emprego, con acceso preferente de pemes e microempresas a préstamos e microcréditos bonificados.

Xa en materia de infraestruturas, a segunda metade da presente década caracterizarase pola construción das estacións intermodais, tarefa que coincidirá coa posta en servizo do AVE que comunique Galicia coa Meseta. Continuarase apostando pola vertebración territorial e o fomento d mobilidade como elementos fundamentais na promoción da igualdade de oportunidades para todos a cidadanía e nese esforzo seguiremos impulsando o AVE, avanzando na integración dentro da alta velocidade da provincia de Lugo e da comarca de Ferrolterra, a través das liñas Ourense-Lugo e Ferrol-A Coruña.

Cómpre salientar que todas as propostas contempladas no ideario popular, sexan en materia de innovación, de internacionalización, de apoio ao investimento ou de dotación de infraestruturas, teñen un único obxectivo final: a creación de emprego, que debe ir da man do crecemento económico para ofrecer postos de traballo estables e de calidade.


CENTRADOS NO BENESTAR
O PPdeG continuará traballando para blindar o sistema sanitario, e seguirá defendendo a sanidade pública con máis tecnoloxía, con mellores infraestructuras e con máis prestacións, sempre cun obxectivo claro: mellorar a saúde da cidadanía galega.

O obxectivo é construír unha sanidade para as próximas xeracións, estable, segura, comprometida co benestar de todos e, responsable co uso dos recursos públicos.

Así mesmo, o PPdeG ten moi presente a calidade dos servizos sociais, e están convencidos de que a actuación para os vindeiros anos transcorrerá polos dous principais vieiros marcados nesta lexislatura: a loita contra a desigualdade social e a mudanza da tendencia demográfica. 

Para acadar ambicioso obxectivo de que Galicia sexa o mellor lugar onde nacer e onde vivir, os populares contan con dúas ferramentas chave: a Nova Axenda Social e o Programa de Apoio á Natalidade. Estas dúas iniciativas, xunto coa aposta decidida do Goberno galego por consolidar os avances conseguidos na implantación da Lei da Dependencia reforzando os servizos básicos e incorporando persoas usuarias ao sistema, serán os sinais de identidade da Galicia próspera, igualitaria e inclusiva que queremos para o futuro.

OS SECTORES ESTRATÉXICOS
Entre os obxectivos do PPdeG atópase continuar apoiando aos sectores estratéxicos da economía galega. Entre eles, destacan as iniciativas relacionadas co sector do mar, para o que os populares continuarán traballando en Europa coa fin de facer valer as súas propostas da man do sector e para que o marco regulatorio comunitario desta actividade teña en conta as particularidades e os retos deste medio en Galicia.

No tocante ao Consello Galego de Pesca, preténdese facer del unha ferramenta que sirva para fincar os piares de cada norma que saia adiante no sector marítimo-pesqueiro co obxectivo de conseguir un marco regulatorio sinxelo e aplicable.

Ademais, continuarase traballando en vías que permitan o relevo xeracional e seguirase reforzando o papel da muller dentro deste eido.

Tamén se prestará especial atención á pesca de altura e gran altura e ao marisqueo, ao tempo que se afianzará a presenza dos nosos produtos nos eidos da transformación e comercialización, facendo o traballo entre todos os elos da cadea mar-industria.

No que se refire ao medio rural, impulsarase o labor do PPdeG ao amparo do Plan de Desenvolvemento Rural 2014-2020 buscando fomentar a competitividade da agricultura galega mediante a modernización das explotacións agrícolas e forestais, incorporando á mocidade en explotacións orientadas ao mercado, ordenado o territorio e mellorando, polo tanto, a produtividade da industria agroalimentaria e forestal. Todo co obxectivo prioritario de mellorar a calidade de vida da poboación do rural, fomentando a creación de emprego e a prestación de servizos básicos que contribúan á fixación da poboación neste medio.

 A EDUCACIÓN PARA GAÑAR O FUTURO
A mellora da educación e o potenciamento da cultura galega constitúen dúas liñas estratéxicas do PPdeG para os vindeiros anos.

Para seguir mellorando en materia de educación precísase unha estabilidade normativa real, evitando as sucesivas remudas lexislativas, como as que se teñen producido ata o de agora. E ese estabilidade normativa pasa por contar cun Goberno estable e tal obxectivo só o pode garantir o Partido Popular co apoio maioritario da sociedade galega.

Ademais, adaptarase a oferta da Formación Profesional para que resulte máis acaída ás demandas de cualificación do noso sistema produtivo e apostarase por manter o apoio financeiro da Administración autonómica ao sistema universitario galego cun dobre obxectivo: mellorar a formación superior da nosa mocidade e potenciar a investigación.

En definitiva, restan aínda moitas por facer para completar a tarefa iniciada polos populares hai sete anos cando chegaron á Xunta pero quen mellor pode e sabe facelas é o PPdeG, a única forza política capaz de garantir a estabilidade, a unidade, a seguridade e a previsibilidade que debe ofrecer un Goberno para mellorar a situación dun país.

Solvencia, estabilidade e blindaxe dos servizos públicos, eixos de actuación do PPdeG

Os populares presentan “A Galicia
de hoxe: o camiño percorrido”, un balance do traballo realizado dende que
entraron no Goberno galego en 2009

Solvencia, estabilidade e blindaxe dos servizos públicos, eixos de
actuación do PPdeG dende a Xunta de Galicia

· Os últimos datos dispoñibles din que o paro rexistrado no último ano
reduciuse en máis de 20.000 persoas, cun PIB que medra ao 3,2% e a un ritmo
case inédito

· Dende o 2016,
estaremos entre as CCAA coa tributación máis baixa no IRPF e no Imposto sobre
Sucesións

Ourense, 7 de maio de
2016.-
O PPdeG foi quen de garantir coa súa xestión a solvencia e a estabilidade
para Galicia blindando os servizos públicos esenciais e consolidando o
crecemento. Así se pode comprobar no manifesto “A Galicia de hoxe: o camiño percorrido”,
que os populares presentaron hoxe para facer balance sobre a situación actual e
sobre todo o traballo realizado dende que o partido chegou á Xunta en 2009.

A blindaxe e o avance do gasto
social teñen sido a folla de ruta do Goberno do PPdeG co obxectivo de por en
marcha os mecanismos necesarios para saír da peor crise económica dos últimos
anos e sen que iso levase parello ningún recorte nos servizos públicos
esenciais: a sanidade, a educación e o benestar.

Cómpre salientar que a sanidade
na nosa comunidade é pública, sostible e garantida a pesar das dificultades
económicas. Así mesmo, contamos cun sistema sanitario con mellores resultados
para a nosa cidadanía e cumpriuse co obxectivo
de melloralo con mediadas como o desenvolvendo en toda Galicia da Xestión
Integrada, dispoñendo dunha historia clínica electrónica e unha receita
electrónica que son unha referencia ou incrementándose a actividade cirúrxica
do Sergas.

Ademais,
modernizáronse as instalacións: equipáronse e puxéronse en funcionamento os
novos hospitais de Lugo e Vigo, continuouse co Plan Director do Complexo
Hospitalario de A Coruña, iniciouse a ampliación do Hospital do Salnés e do
Hospital de Ourense, actuouse en 36 centros de saúde, con outros nove en
construción, e máis en proxecto. Deste xeito, en 2016 serán sete de cada dez
galegos os que contarán na súa área de influencia cun centro sanitario novo ou
renovado.

Xa no referente a educación, as
políticas levadas a cabo polo PPdeG ao longo destes sete anos neste eido
supuxeron unha auténtica transformación do ensino en Galicia. E é que o Goberno
de Feijóo ten apostado claramente e a todos os niveis pola educación de
calidade, como un servizo público fundamental na Comunidade Autónoma. Máis
tecnoloxía nas aulas, máis centros plurilingües, taxas universitarias máis
baratas de España e novos equipamentos educativos son exemplos do interese do
PPdeG por protexer e mellorar o sistema educativo.

Á VANGARDA EN BENESTAR SOCIAL

Por outra banda,
en canto ao benestar social, hoxe podemos dicir que Galicia é unhas as mellores
rexións para vivir, con máis e mellores servizos públicos, onde a loita contra
a pobreza e a desigualdade social é un dos obxectivos prioritarios. Nese senso,
cómpre destacar que agora as políticas sociais contan cun 12% máis de orzamento
que no ano 2015.

A este
incremento orzamentario cómpre sumar as medidas incluídas no Plan Social Contra
a Desigualdade Económica orientadas a outros colectivos vulnerables. Ademais,
impulsáronse novas iniciativas de fomento da natalidade ata converter Galicia
na comunidade con máis axudas neste senso e avanzouse no eido da conciliación
da vida laboral e familiar para facilitar a aqueles que teñan decidido ser pais
ou nais.

Así mesmo, tamén
se incrementaron as prazas de maiores e persoas con discapacidade, aprobouse a
Lei de Accesibilidade e somos a primeira Comunidade que conta cunha carteira
específica para este colectivo.

A mellora que se produciu na nosa
economía permitiu que o Goberno galego se centrara na consolidación do crecemento.
Precisamente os datos do ano 2015 amosan esa tendencia, un ano no que Galicia
creceu a un ritmo do 3,2% do PIB, o mellor dato dende o ano 2007.

Así mesmo, a nosa comunidade
cumpriu o obxectivo de déficit, sendo ademais a que máis o ten reducido en 2015.
E é que dende 2013, Galicia á a segunda autonomía con menos déficit acumulado
e, grazas á xestión da Xunta, evitou ter 3.000 millóns de euros máis de débeda.

Precisamente pola mellora de
ingresos, púidose levar a cabo a maior rebaixa fiscal da historia de Galicia e,
dende o 2016, estaremos entre as comunidades coa tributación máis baixa no IRPF
e no Imposto sobre Sucesións. Unha estratexia que ademais se completou cunha
política de imposto cero no rural.

Así
mesmo, o
s últimos datos dispoñibles din que o paro rexistrado no último ano
reduciuse en máis de 20.000 persoas. E é que en Galicia o paro rexistrado é
menor que en 2015, pero tamén menor que todos os anos anteriores, incluído
2010.

POLÍTICAS ACTIVAS DE EMPREGO

Neste cambio no mercado laboral ten
moito que ver ter sido capaces de acometer as reformas necesarias para axudar
ás empresas cando estaban en dificultades e, ao mesmo tempo, seguir apostado
pola modernización dos sectores produtivos para mellorar a súa competitividade.
Así, foi fundamental seguir desenvolvendo políticas activas de emprego co
obxectivo de ofrecer ás persoas sen traballo máis e mellores ferramentas para
mellorar a súa empregabilidade.

Precisamente neste contexto, a
Xunta vén de aprobar a Axenda 20 para o emprego que, con 900 millóns de euros, pretende impulsar o emprego
estable e de calidade para o novo modelo produtivo de Galicia, baseado no
crecemento e no coñecemento.

Por
outra banda, o
Goberno do PPdeG tivo moi presente que para minimizar os efectos da crise
e para preparar a nosa comunidade para sacar vantaxes da situación era
necesario levar a cabo proxectos centrados no apoio aos sectores estratéxicos
da nosa economía.

Nestes anos, non só se tomaron
medidas de impulso económico senón que se apostou polo impulso territorial a
través de accións centradas en garantir un crecemento sostible a medio e longo
prazo. Así, a Xunta empeñouse en facer de Galicia un territorio mellor
vertebrado e protexido.

Neste
sentido,
Galicia pasou de 313 a 520 quilómetros de autoestradas, autovías e vías rápidas en servizo ao final
desta Lexislatura, con eixos que vertebran a Comunidade, melloran a calidade de
vida e incrementan a seguridade.

Tamén se deu o impulso definitivo
ao transporte metropolitano con plans en marcha na Coruña, Ferrol, Santiago,
Lugo e Vigo e o de Ourense moi avanzado, o que se traduce en 42 millóns de
viaxes subvencionadas, beneficiando a 65 concellos. É dicir, un millón e medio
de galegos e galegas xa se benefician de descontos.

Debemos sumar a
estas medidas as encamiñadas a impulsar a vertebración tecnolóxica de Galicia
como a aprobación do Plan de Banda Larga 2020 que permitirá cobertura de ao menos
30 megas para toda a poboación e de máis de 100 megas para núcleos de máis de
500 habitantes, incrementando así a calidade da conexión a Internet.

Xa para facer da comunidade un
territorio máis protexido, salienta a aprobación dunha nova lei do Solo, realizouse o maior investimento da historia da
Comunidade destinando máis de 1.000 millóns de euros a actuacións de saneamento,
depuración e abastecemento; e deuse luz verde ao Plan Director da Rede Natura
2000, co que Galicia se situou á cabeza no cumprimento da directiva de
hábitats.

Durante esta etapa deuse tamén cumprimento
ao Decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia que
recuperou o equilibrio entre o galego e o castelán ao tempo que introduciu o
inglés.

A Galicia de hoxe atópase ás
portas dunha decisión transcendental, na que os galegos terán que elixir entre
optar por aventuras que camiñan cara á inestabilidade, o retroceso e a falta de
iniciativas ou seguir camiñando pola senda das oportunidades que só veñen da
man do Partido Popular de Galicia.