Puy afirma que o teito de gasto para 2017 reflicte a evolución positiva da economía,afianzando o crecemento con máis gasto público e reforzando o estado do benestar

 

Santiago, 20 de novembro de 2016.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que o teito de gasto da Xunta de Galicia para 2017 “reflicte a evolución positiva da economía galega” e permitirá “afianzar o crecemento con máis gasto público e reforzar o Estado de Benestar”. Puy saudou “a volta ao que debe ser a normalidade democrática” amosada polos grupos da oposición neste inicio de lexislatura e reiterou a predisposición ao diálogo do Grupo Popular para “tomar decisións conxuntas, de maneira que non haxa bandazos no futuro e consolidar políticas necesarias para o país”.

Continue reading