O Grupo Popular propón a elaboración,no seo da Comisión de Igualdade, dun pacto galego contra a violencia de xénero

Santiago, 27 de marzo de 2017.- O Grupo Popular proporá a elaboración consensuada, dentro da Comisión non permanente para a igualdade e para os dereitos das mulleres, dun Pacto galego contra a violencia de xénero, segundo anunciou esta mañá a viceportavoz, Paula Prado. “Ademais, queremos que xuristas e expertos avalíen a posibilidade de incorporar o termo feminicidio na lexislación e os plans vixentes”, avanzou.

Continue reading

O Grupo Popular afirma que a Xunta estudará a instalación do Ateneo de Ourense nas instalacións da Biblioteca Pública

Santiago, 24 de marzo de 2017.- O deputado do Grupo Popular Carlos Gómez Salgado afirmou esta mañá que a Consellería de Cultura estudará a posibilidade de que o Ateneo de Ourense e outras entidades e asociación culturais da cidade se instalen nas actuais instalacións da Biblioteca Pública de Ourense, unha vez se leve a cabo o seu traslado ás dependencias do complexo de San Francisco.

Neste sentido, o Grupo Popular apoiou esta mañá no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta de Galicia a dotar ao Ateneo de Ourense, antes de que remate o ano 2017, dun espazo de titularidade pública axeitado e coas condicións requiridas para que esta entidade continúe coa súa actividade sen ánimo de lucro.

XESTIÓNS DA XUNTA

Carlos Gómez asegurou que o PPdeG “é un firme defensor da pervivencia do Ateneo de Ourense”, e lembrou a aprobación por unanimidade o pasado 9 de marzo doutra proposición non de lei a través da que se pedía unha consulta ao Ministerio de Hacienda para coñecer os locais baleiros de titularidade pública e se abrira un proceso de negociación encamiñado a dotar dun local ao Ateneo de Ourense”.

 

“A Xunta cumpriu con esta encomenda do Parlamento dentro do ámbito das súas competencias e non só fixo a mediación ante a Administración do Estado para que o Ateneo puidese optar a conseguir a cesión dun local, senón que mantivo un encontro cos representantes da entidade sobre as súas necesidades de espazo e trasladou as súas demandas á Delegación da Axencia Estatal da Administración Tributaria en Ourense”, engadiu.

Para rematar, o deputado popular lembrou que “onte mesmo o Presidente da Deputación de Ourense, logo de reunirse coa Plataforma do Ateneo, anunciou o seu apoio e compromiso inequívoco para mediar e facilitar dun xeito ou doutro unha sede axeitada ás necesidades e actividades da entidade, ofrecendo incluso dependencias no Centro Cultural Marcos Valcárcel”.