O Parlamento aproba a Lei de protección e benestar dos animais de compañía, coa conformidade dos grupos sobre máis do 80% do articulado

Santiago, 26 de setembro de 2017.- O Parlamento galego aprobou hoxe a Lei de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia, unha norma que sae adiante coa conformidade de todos os grupos parlamentarios sobre máis do 80 por cento do articulado e que combate o maltrato, promove a adopción e busca concienciar a toda a sociedade na tenza responsable.
Continue reading