O voceiro de Sanidade asegura que a sobrecarga das urxencias en inverno prodúcese en todos os hospitais de España

Santiago, 23 de xaneiro de 2018.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, asegurou hoxe que a sobrecarga asistencial nos servizos de urxencia en inverno “prodúcese en todos e cada un dos hospitais das distintas comunidades autónomas españolas” e avogou porque “todos debemos colaborar para mellorar as taxas de vacinación e a educación sanitaria da poboación en relación coa utilización dos servizos de urxencia hospitalarios”.

Continue reading

O Parlamento insta á Xunta a rematar no prazo máis breve posible o estudo dos solos contaminados por lindano en O Porriño

Santiago, 23 de xaneiro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade, logo dunha transacción entre o Grupo Popular en En Marea, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a rematar no prazo máis breve posible as prospeccións e recollida de mostras dos solos contaminados con lindano no lugar de Contrasto en Porriño, de xeito que, unha vez coñecidos os resultados do estudo e localizadas as zonas contaminadas, se realice en colaboración co Concello un proxecto de descontaminación no primeiro trimestre deste ano, proxecto que deberá executarse ao longo de 2018.

Continue reading

O GPP salienta a coordinación do Goberno galego nos traballos de rexeneración das zonas afectadas polos incendios forestais

Santiago, 23 de xaneiro de 2018.- O portavoz de Montes do Grupo Popular, José Silvestre Balseiros, salientou hoxe que “a actuación do Goberno galego tras os incendios forestais do mes de outubro caracterizouse pola coordinación, loubada incluso a nivel nacional e europeo”. Así mesmo, cifrou en máis de 13 millóns de euros o investimento realizado pola Xunta de Galicia e o Goberno central para a rexeneración das zonas afectadas polos lumes, especialmente naqueles espazos naturais protexidos.

Continue reading