O Parlamento galego insta á Xunta a desenvolver accións en común con rexións e flotas pesqueiras europeas para flexibilizar a normativa dos descartes

Santiago, 24 de xaneiro de 2018.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta de Galicia a seguir desenvolvendo accións para por en común con outras rexións e flotas pesqueiras as experiencias e coñecementos obtidos en torno á problemática dos descartes pesqueiros, con especial atención á súa refundición e transmisión das demandas á Comisión Europea de cara á adaptación da normativa.

Continue reading

O Parlamento insta á xunta a continuar traballadno para construír o novo centro de saúde da Falperra en A Coruña nun espazo cedido polo Concello no Merdado de Santa Lucía

Santiago, 24 de xaneiro de 2018.- O Parlamento galego aprobou hoxe, co voto en contra de En Marea e BNG, e a abstención do PSOE, a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a seguir traballando para facer realidade a dotación dun novo centro de saúde para o barrio da Falperra en A Coruña, nun espazo adecuado cedido polo Concello no actual edificio do Mercado de Santa Lucía.

Continue reading

O PPdeG considera que “o vodevil do alcalde de Vigo co trasvase do Verdugo ten como obxectivo ocultar aos vigueses quelles subministra a prezo de auga mineral a auga dos floreiros”

Santiago, 24 de xaneiro de 2018.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos asegurou esta mañá no Parlamento que “o vodevil do alcalde de Vigo co trasvase do río Verdugo e o abastecemento de auga nesta cidade ten un único obxectivo: ocultar aos vigueses que lle están a subministrar a prezo de auga mineral a auga dos floreiros”. Así mesmo, criticou que “o alcalde decidiu gastar en autopromoción os cartos que deberían dedicarse a mellorar a rede de abastecemento de Vigo, tal e como o afirma a propia concesionaria do servizo municipal de auga”.

Continue reading

O PPdeG critica que a oposición “pida cousas imposibles á Xunta en materia de accesibilidade que nin vostedes fan onde gobernan”

Santiago, 24 de xaneiro de 2018.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo acusou hoxe aos grupos da oposición de “pedir á Xunta cousas imposibles en materia de accesibilidade que nin vostedes mesmos fan onde gobernan”. Deste xeito, demandou que “vaiamos todos ao terreo do posible e que se pode ir facendo, sumando aos concellos aos pasos que a Xunta leva dado nos últimos anos na busca dunha maior accesibilidade e dunha maior integración das persoas con discapacidade”.

Continue reading

O GPP apoia a realización de campañas específicas de concienciación sobre a violencia de xénero para a sociedade rural

Santiago, 24 de xaneiro de 2018.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación no Parlamento dunha proposición non de lei a través da que se demanda a realización de campañas específicas de concienciación sobre a violencia de xénero que teñan en conta as peculiaridades da sociedade rural, implicando nelas tamén ós servizos sociais máis próximos ás mulleres rurais, así como ás entidades sociais presentes no entorno.

Continue reading