O Grupo Popular solicita que a Xunta elabore un estudo histórico sobre a variante do Camiño Inglés desde o porto de Sada ata Betanzos

Santiago, 1 de xuño de 2018. O Grupo Popular vén de rexistrar unha proposición non de lei a través da que se solicita á Xunta de Galicia que realice un estudo histórico da variante do Camiño Peregrino Inglés a Santiago, que discorre desde o porto de Sada-Fontán ata Betanzos, lugar onde se une á ruta cara Santiago. A deputada popular Soraya Salorio afirma que este estudio facilitará a posterior delimitación desta variante do Camiño de Santiago, no caso de que tecnicamente sexa viable.

Continue reading