O Grupo Popular solicita á Xunta que garanta a total legalidade e o cumprimento do Plan de residuos da planta de residuos prevista en Teo

Santiago, 8 de xuño de 2018. O Grupo Popular vén de rexistrar unha proposición non de lei a través da que solicita que a Xunta que avalíe as circunstancias da solicitude de autorización ambiental integrada para a posta en marcha dunha planta de tratamento de residuos nunha antiga canteira en Casalonga, no concello coruñés de Teo, de xeito que se garanta a total legalidade do proxecto e o estrito cumprimento da lexislación vixente e o establecido no Plan de xestión de residuos industriais de Galicia.

Continue reading