O Grupo Popular reitera o seu apoio á solicitude para que o Goberno central active con urxencia a demanda legal para a devolución do Pazo de Meirás

Santiago, 14 de novembro de 2018.- O Grupo Popular apoiou hoxe no Parlamento a aprobación dunha nova proposición non de lei a través da que se reproba as argucias que está a utilizar a familia Franco para intentar boicotear o proceso de devolución do Pazo de Meirás ao patrimonio público, ao tempo que se insiste ao Goberno do Estado para que active con urxencia a demanda legal consonte o indicado na conclusión final do Informe elaborado pola comisión de expertos, logo do encargo feito pola Xunta de Galicia.
Continue reading