O Parlamento aproba a Conta Xeral da Xunta de 2016, que introduciu melloras na xestión orzamentaria e financeira

Santiago, 26 de marzo de 2019.- O Pleno do Parlamento galego aprobou hoxe o informe da Conta Xeral da Comunidade galega correspondente a 2016 no que se constata que a Xunta “segue introducindo melloras na súa xestión orzamentaria e financeira, cumprindo ao mesmo tempo os obxectivos de estabilidade orzamentaria e cunha evolución positiva de indicadores ao duplicar o aforro bruto ata os 450 millóns de euros e conseguindo un aforro en xuros da débeda de 65 millóns de euros”, sinalou a deputada popular Cristina Romero.
Continue reading